Luns, 22 Jul. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Economía Unha pantasma medra no Val Miñor: son máis de 4000 os "sen traballo" segundo datos oficias.

Unha pantasma medra no Val Miñor: son máis de 4000 os "sen traballo" segundo datos oficias.

Correo-e Imprimir PDF
cascos_construcion_200_200
{plusone}

- Na bisbarra do Val Miñor perto do 15% da súa poboación en idade activa non ten traballo.

- Unha lexión de 4132 homes e mulleres empadroados nos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán están fóra do mercado laboral e deles 774 golpean portas na pescuda dunha primeira oportunidade de emprego.

A situación do paro ao 31 de maio é apenas mellor ca do mes de abril na que rexistraba 33 casos máis de desemprego. Dato que era esperable segundo a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta, Ana María Díaz López, pois o mes de maio é “tradicionalmente bo”.  Pero se comparamos esta cantidade de desempregados á da mesma data en 2010, atopamos 189 casos máis. O drama dos "sen traballo" pasa factura de maneira exponencial no Val Miñor dende hai 4 anos cun crecemento por riba do 106%. Os datos revelados hoxe pola Consellería de Traballo e Benestar sinalan para toda Galicia a existencia de 240.014 parados, un 5,04% máis que en maio de 2010.

A cifras caen como choiva mala no concellos miñoráns. Gondomar é o máis comprometido cun 14,84% da súa poboación en idade activa en situación de desemprego. Son 1498 veciños que  están sen choio.  O seguen a curta distancia Nigrán e Baiona cun 12,38% dos seus paisanos en paro, 1564 e 1070 respectivamente.

Os mozos e mozas menores de 25 anos representan o 10% do número de parados, con 355 casos. Unha cifra que elevouse case nun 47% en catro anos. En cuestión de xéneros a crise neste caso practicamente non discrimina: 2111 mulleres (51,09%) e 2021 homes (48,91%).

 

O sector servizos é o máis castigado nos tres concellos do Val Miñor.

Dos 1070 desempregados no Concello de Baiona, 36 provén do sector denominado Agricultura e Pesca, 126 da industria, 165 da construción, 571 de servizos e 172 son demandantes de traballo sen emprego anterior.

En Gondomar 23 casos de agricultura e pesca, 278 da industria, 285 da construción, 606 da rama dos servizos e 306 sen emprego anterior, acadan os 1.498 desempregados do municipio.

No caso de Nigrán, son 1564 casos de desemprego, dos cales 38 corresponden a agricultura e pesca, 234 a industria, 211 da construción, 785 dos servizos e 296 buscan traballo por primeira vez.

 

O número de veciños en paro de Baiona, Gondomar e Nigrán non deixa de medrar dende  2008 .

Se tomamos maio de 2008 cando en Galicia xa se falaba do efectos da crese económica, Baiona tiña 656 parados, un número que alarmou daquela por representar un 25% de crecemento da taxa co relación ao 2007.  Hoxe esa distancia elevouse nun 63%.

En Gondomar os 777 parados de 2008 aínda non acadaron tanta repercusión, a pesar de representar un crecemento da taxa dun 11% co respecto aos 12 meses anteriores. O maior golpe prodúcese entre o 2008 - 2009, sempre tomando o mes de maio, cun crecemento case dun 60% con 1262 parados. A perda de emprego non deixou de medrar nos seguintes dous anos, ata alcanzar unha distancia dun 92,7%  entre os 777 parados do 2008 cos 1498 de 2011.

Para Nigrán a crise tamén deixou a súa maior pegada entre 2008 e 2009 con case 500 desempregados máis. Novamente, tomando a distancia de maio de 2008 a maio de 2011 a distancia en número de parados medrou un 82%.

 

A situación do desemprego mellora na autonomía pero as autoridades chaman á "prudencia".

En Galicia o número de persoas desempregadas aumentou, en termos interanuais, en 11.507 persoas, o que supón unha porcentaxe do 5,04 por cento desde maio de 2010 a maio de 2011. Esta cifra supón unha redución á metade si se compara co dato da evolución interanual do anterior exercicio (maio/2009 a maio/2010), período no que o aumento do desemprego foi de 20.989.

Con respecto aos datos estatais, Díaz López destacou que o descenso do paro rexistrado en Galicia é “practicamente igual” ao rexistrado no Estado. En concreto, o paro baixou na media do territorio estatal nun 1,87 por cento (fronte ao 1,90% de Galicia), o que supón unha baixada en termos absolutos de 79.701 persoas, e sitúa o desemprego nun total de 4.189.659 persoas en toda España.

A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, apelou á “prudencia” á hora de valorar estes datos, aínda que considerou “positivo” que se teña rexistrado unha baixada do número de desempregados.