Os alimentos almacenados na planta baixa do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar foron colocados a bo recaudo nun opertativo conxunto do Concello e voluntarios de todo o Val Miñor. A enchente do río Miñor fixo temer que as augas ingresaran na planta biaxa da vella escola, polo que a Concellaría de Servicios Socias que xestiona Rocío Cambra, dispuxo o traslado urxente das existencias a outras dependencias municipais, logrando que o material non fora afectado.
Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor
Trasladan os alimentos almacenados no CDL de Gondomar en prevención dunha nova crecente do Miñor.
A riada inunda garaxes, fincas e comercios en Gondomar.
Unha intempestiva riada volveu a afectar a veciños e comerciantes de Gondomar. Baixos, garaxes na zona da praza Rosalía de Castro e a Praza de Abastos quedaron inundados nunha crecida na confluencia dos ríos Zamáns e Miñor. Sobre as 10 da mañá podíase ver aos afectados carrexar vehículos coa axuda da policía local dende os garaxes indundados. Pola súa banda, os comercios da zona e sobre todo na Praza de Abastos apuraban o retiro de mercadoiras sen dar crédito da rapidez da crecida.
No mesmo intre, as augas do río Miñor anegaron vivendas e comercios no barrio de Moreira, na parroquia de Mañufe e case arrastran a varios coches estacionados próximo á Ponte de Mañufe.
Apicultores ofrecen charla informativa sobre a Vespa Velutina en Gondomar
A charla celebrarase o próximo domingo día 25 as 11.00h, no Centro Neural-Xefatura de Policía de Gondomar sendo a entrada de balde e aberta a tódalas persoas interesadas.
Falarase sobre o que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina Nigrotorax, cales son os colectivos afectados, a elaboración e colocación de trampas e eliminación de niños.
Subvención da Deputación permite a adquisición de novos traxes para os músicos da banda de Vincios.
A directiva da Agrupación Musical de Vincios comunica a adxudicación dunha subvención por parte da Deputación de Pontevedra que permitirá a adquisición de novo vestiario.
A axuda de 1.104 euros, segundo dá conta a agrupación foron investidos en novos traxes para os músicos da banda.
A concellaría de Medio Ambiente de Gondomar promove a reciclaxe nos colexios do municipio.
Durante esta semana e a anterior fixéronse charlas orientadas ao fomento do reciclaxe dirixidas a nenos e nenas entre 8 e 12 anos dos catro colexios do término municipal (>400 en total)
As charlas foron organizadas e impartidas por un técnico de formación de Grupo Soil, empresa xestora do Punto Limpo do municipio que tamén presta o servizo de recollida selectiva de envases lixeiros no Concello, en colaboración da Concellería de Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade, dirixida por Jimena Varela
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL