As gabanzas tiveron lugar durante a presentación da nova sede policial e posteriormente recollidas pola prensa, segundo Gondomar Concello Aberto (CABE). Segundo esta formación, as mesmas foron dirixidas aos ex alcaldes do PP Ramón Sestelo e Carlos Silva. Nelas, o actual rexedor de Gondomar, Paco Ferreira (PSOE) tería expresado a súa satisfacción "por la concurrencia de alcaldes a los que debemos mucho".
“Políticas, fotos e declaracións como as do Sr.Alcalde de Gondomar onte na inauguración das novas instalacións da Policía Local son radicalmente contrarias á ética e as compromisos adquiridos polo goberno e as formacións políticas que o sustentan ante a cidadanía e ante o pacto de goberno”, sinala esta plataforma veciñal, socia no goberno dos socialistas e con 3 concelleiros na corporación.