Unha consulta da deputada autonómica Consuelo Martínez García esixe á Xunta de Galicia explicación ante un novo parón da construción do centro de Saúde de Gondomar. A representante foi alertada dende Manifesto Miñor, e solicitará garantías sobre a solvencia da empresa encargada así como informes sobre a situación do enclave da obra, na zona de enchentes do río Miñor.
Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor
Podemos organiza en Gondomar unha charla debate sobre o futuro das pensións.
Pensións públicas ou plans privados? Dende esa pregunta partirá este coloquio onde participarán o economista Xabier Pérez Dávila e a activista social e feminista Ángela Rodríguez Martínez, candidata de Podemos ao Congreso dos Deputados.
Veciño de Gondomar detido "in fraganti" cando intentaba saquear a cafetería dun centro social.
Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un mozo residente en Gondomar , de 22 anos de idade, por un delito de Roubo con Forza. A persoa detida conta con 20 antecedentes policiais por delitos similares segundo da conta un comunicado do corpo de seguridade.
Operativo
Os feitos tiveron lugar a pasada madrugada, cando se recibe chamada na Sala Operativa do 091, na cal un cidadán informa que viu a un individuo en actitude sospeitosa entre os coches estacionados na rúa Lourido, polo que se comisionou a dúas dotacións policiais camufladas para que acudisen a comprobar que sucedía.
O BNG demanda do pleno de Gondomar accións de apoio ás persoas refuxiadas e migrantes en Europa.
Sinalan que o BNG, ante a crise humanitaria que se está a vivir, esixe, tamén desde os concellos, que a Unión Europea mude “de forma radical e urxente as políticas de blindaxe por outras de axuda e acollida digna ás persoas refuxiadas e migrantes, e denuncia abertamente as políticas imperialistas e de intervención militar que están detrás desta situación”.
Nese senso a responsable local, Manuel Rodríguez Pumar ven de presentar unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro xoves na que solicita deste os seguintes acordos:
Manifesto Miñor presentará ao pleno medidas solidarias para acoller refuxiados en #Gondomar.
Sostén que estase ante unha catástrofe humanitaria que se está a vivir nas fronteiras europeas. A edil Rocío Cambra, responsable de Benestar Social de Gondomar presentará unha moción ao pleno co xeito de preparar o concello ante a posible acollida de refuxiados. Nese senso propón adherir a Gondomar á Rede de Cidades e Concellos Refuxio, preparar un rexistro de familias voluntarias para a acollida destas persoas e convocar a entidades sociais que poidan colaborar solidariamente.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL