Pensións públicas ou plans privados? Dende esa pregunta partirá este coloquio onde participarán o economista Xabier Pérez Dávila e a activista social e feminista Ángela Rodríguez Martínez, candidata de Podemos ao Congreso dos Deputados.
Será este mércores,23 de setembro, ás 20h no Centro Neural de Gondomar. O faladoiro estará acompañado dunha exposición temática. Actividade aberta ao público.