-Gondomar quere erradicar as pintadas e cartelería en mobiliario público ou privado sen as respectivas autorizacións. Preocupa a imaxe e salubridade do concello. Un bando do alcalde socialista Paco Ferreira fai un chamado á conciencia social pero lembra que pódense aplicar multas coercitivas aos responsables.
Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor
#Gondomar pecha o campamento de verán que congregou a 100 cativos do concello.
-No campamento, que se desenvolveu durante o mes de xullo, participaron 100 menores de entre 3 e 12 anos.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a conceleira de Igualdade, Nuria Lameiro acompañados tamén da concelleria Iria Lamas, clausuraron esta mañá, no CEIP Chano Piñeiro, o Gondoverán, o campamento de lecer e tempo libre no que participaron 100 cativos de entre 3 e 12 anos, durante todo o mes de xullo. Nesta última xornada do Gondoverán celebrouse unha gran festa chea de xogos e diversión.
O Concello de Gondomar entrega diplomas acreditativos aos alumnos de fotografía dixital.
Un grupo de mozas e mozos de Gondomar recibiron os diplomas acreditativos do curso de fotografía dixital que estivo a cargo da recoñecida fotógrafa miñorana, Ani Pérez. Os participantes do curso, de entre 14 e 30 anos, recibiron coñecementos desta arte dixital durante 30 horas no correr do presente mes. O acto de entrega dos diplomas tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Local e contou coa participación do alcalde Francisco Ferreira e responsables da concelleira de Xuventude.
Trocan a zona de descarga do Centro de Saúde de #Gondomar por prazas de aparcadoiro para discapacitados.
A Policía Local de Gondomar informa que o Concello realizou un cambio de sinalización na rúa Portugal, á altura da Praza das Ecolas Vellas, quedando anulada a sinal de carga e descarga existente anteriormente, sendo agora unha zona reservada para dúas prazas para discapacitados e outra praza para o estacionamento de ambulancias, existindo outro sinal na entrada do Centro Médico que habilita a particulares a subida e baixada para persoas impedidas.
O novo goberno municipal de #Gondomar acelera a axenda do PXOM.
"A día de hoxe xa están solicitadas entrevistas coa Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar, cos responsables do equipo redactor do PXOM, e unha xuntanza concertada para o vindeiro luns cos representantes dos empresarios do Polígono Industrial da Pasaxe", sinala o novo responsable de urbanismo e 1º tenente de alcalde, Xosé Antonio Araújo.
Define A Pasaxe como o "importante pulmón industrial do concello e da comarca", onde, asegura, "segue habendo demanda de empresas para se instalar nel, pero para iso hai que proceder a súa total ordenación e legalización."
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL