Xosé Luís Méndez Ferrín, candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra, atópase entre a lista de persoeiros políticos que acompañarán a presentación electoral de En Marea en Gondomar. Esta forza política que congrega en Galicia a PODEMOS, ANOVA e Esquerda Unida, xunto con outras formacións independentes, presentará as súas propostas cara as eleccións xerais do vindeiro 26 de xuño. O acto terá lugar este venres 17 de xuño ás 19 horas o Auditorio Municipal Lois Tobío.
Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor
Este venres preséntase En Marea na vila de Gondomar.
A Universidade asina dous convenios coa CMVMC de Couso, en Gondomar
Desenvolvemento de proxectos de investigación; organización de cursos, conferencias, simposios e seminarios; apoio a investigadores e estudantes; colaboración en proxectos culturais de interese común... A Universidade asinou este luns dous convenios de colaboración coa comunidade de montes da parroquia de Couso en Gondomar, un acordo marco xeral que promove a colaboración entre ambas entidades e outro específico para a posta en marcha de diferentes accións de I+D colaborativo no ámbito da sustentabilidade social e ambiental na xestión do monte comunal.
Gondomar urxe a intervención da Xunta no conflito do transporte interurbano para adherirse ao convenio metropolitano
O alcalde, que mantivo xa tres reunións coas dúas empresas -ATSA e MELYTOUR- atisba "discretos avances nas negociacións".
Gondomar é xunto con Vigo o único municipio que permanece á marxe do convenio do transporte metropolitano da Xunta e así continuará mentres a administración autonómica non medie no conflito que manteñen as dúas compañías que prestan este servizo no municipio.
Gondomar Concello Aberto convoca unha asemblea aberta á veciñanza.
Gondomar Concello Aberto convoca a toda a veciñanza de Gondomar a unha asemblea que se celebrará no Centro Neural o vindeiro martes, día 26, ás 20 horas para tratar os seguintes temas: representantes na Axenda 21, propostas do grupo de transparencia, informacións dos concelleiros de Cabe e recollida das inquedanzas e propostas dos asistentes
Rapaza coa familia en paro reclama asistencia do Concello de Gondomar cunha campaña en Change.org
"Agora Siiiiii!!! En honor o meu alcalde Paco" leva por título a campaña na plataforma Change.org a través da cal a moza Ángeles González Zapata quere chamar a atención do rexedor de Gondomar sobre a difícil situación familiar pola que atravesa a súa familia.
"Hola, me llamo Ángeles Zapata vivo con 2 hermanos más y mi madre (todos en paro) con ayuda familiar de 319€, pagamos 280€ de alquiler y no recibimos ningún tipo de ayuda económica por parte de asistentas ni ayuntamiento, solo del banco de alimentos por parte del ayuntamiento de Gondomar,solicitamos en febrero hace un año una ayuda para el alquiler cosa que se le pregunta a la asistenta de gondomar y no hai noticias, si el alcalde de Gondomar tiene un gueco en su agenda para reunirse con protectoras de animales cosa que me parece muy bien que traiga para gondomar porque no se reúne con familias así que pasa necesidades en las que se debería centrar,pensar LO QUE COBRA MI MADRE ES UNA CALDERILLA COMPARADO A LO QUE COBRA NUESTRO ALCALDE", di textualmente este petitorio que se espallou nas redes sobre a medianoite deste luns 11 de xaneiro.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL