A charla celebrarase o próximo domingo día 25 as 11.00h, no Centro Neural-Xefatura de Policía de Gondomar sendo a entrada de balde e aberta a tódalas persoas interesadas.
Falarase sobre o que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina Nigrotorax, cales son os colectivos afectados, a elaboración e colocación de trampas e eliminación de niños.
O programa que vai a seguirse é o seguinte:
● O que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina Nigrotorax.
● O avespón asiático unha ameaza real. Colectivos afectados.
● Como comportarse ante a presenza da V.Velutina.
● Vixianza e control, colocación de trampas para capturar raíñas fundadoras na primavera, eliminación de niños no verán e outono, quen deberá facer esta labor.
● Demostración de elaboración de trampas e atraentes para capturar raíñas fundadoras.
O programa STOP Velutina, que leva a cabo AGA, Asociación Galega de Apicultura e as súas delegacións, comprende varias actividades que consisten basicamente en charlas informativas nos concellos máis afectados e na colocación de trampas para capturar raíñas fundadoras nas zonas onde está presente esta avespa e así evitar o maior número posible de niños para o verán.