Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A "Mostra de Outono" continúa coa comedia “Toda unha vida”, este sábado no auditorio Luis Tobío

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da comedia Toda unha vida.A Mostra de Teatro e Maxia Outono 2010, o programa cultural da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar para os meses de novembro e decembro, continúa esta fin de semana coa obra de teatro “Toda unha Vida”, a cargo da compañía pontevedresa “Expresións Produccións”, de Manuel Sola. Trátase dunha comedia emocional e íntima que aborda os problemas da vida de xeito tenro e esperanzador.

 

Os seus responsables  falan dun “un espectáculo sorprendente e orixinal, que escandila ao público desde o primeiro momento polo seu ritmo, os cambios constantes e calidade dos actores, xa que conxuga momentos de gargallada con outros de emoción”. “Toda unha vida” é unha obra “divertida, pero tamén profunda e con mensaxe”.

Magosto e Cogomelos en Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Magosto e cogomelos en PanxónO tradicional Magosto do Concello de Nigrán terá lugar o próximo sábado 13 de novembro no pavillón de deportes de Panxón.  Durante todo o día haberá obradoiros e xogos para nenos, postos de artesanía (cerámica, coiro, bixutería, etc.) e diversos produtos tradicionais (noces, mel , licores, rosquillas, etc.) que estarán a venda.

A actividade se desenvolverá coa programación das II Xornadas dos Cogomelos, de tal xeito que mentres os maiores participan das propostas relativas as setas, os nenos terán as súas propias no pavillón.

O programa de obradoiros comeza ás 11 da mañá ata as 14 horas. Os máis pequenos poderán colorear e recortar castañas, os maiores de 7 anos construirán meigas e vagabundos con produtos naturais, e para tódalas idades una actividade mural “o magosto é…”.

Ningrán: Concurso - oposición libre dunha praza de Auxiliar de Biblioteca.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán realiza unha convocatoria de concurso - oposición libre, para a provisión dunha praza de Auxiliar de Biblioteca en réxime de persoal laboral fixo. O prazo para a presentación de solicitudes vence o 29 de novembro.

O proceso de selección consta de unha fase de concurso onde se valorarán os méritos de formación e experiencia profesional, e coñecemento de lingua galega. A fase de oposición consta de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios.

A sesión do Club de Formación Lectora de Espazo Lectura queda aprazada para o xoves 25 de novembro

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación Espazo Lectura informa Espazo_Lecturaque a sesión do Club de Formación Lectora sobre "Metamorfosis de la lectura", de Román Gubern, prevista para mañá xoves 11 queda aprazada ata o xoves 25 ás sete da tarde.

A Homenaxe ao Gaiteiro 2010 terá lugar o 21 de novembro as 18 horas no teatro Caixanova

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz do eventoComo dende hai 21 anos, o grupo Etnográfico A Buxaina organiza a Homenaxe ao Gaiteiro, un agasallo aos músicos tradicionais que adicaron boa parte da súa vida a música xa sexa interpretando, ensinando ou construíndo instrumentos.

 

Esta vez a actividade coincide coa celebración do 25º aniversario da agrupación, que nesta ocasión actuará xunto aos grupos miñoráns Os Terribles de Donas e o Coro Tradicional Cantares do Brión. O mantedor da homenaxe será Carlos do Viso.

Oferta pública de emprego da Mancomunidade do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
A Mancomunidade do Val Miñor, presidida por Efrén Juanes, alcalde de Nigrán, fai unha oferta pública de emprego para dous postos de condutores de maquinaria. A oficina da mancomunidade atópase no Concello de Baiona é aí deben dirixirse os interesados.

Chegou o tempo das setas e Nigrán vai buscalas.

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz das xornadas micolóxicasAs setas serán o centro de atención turística deste fin de semana en Nigrán. A Concellería de Turismo ten organizado unhas Xornadas Micolóxicas para os días 12 e 13 de novembro, onde os veciños serán adestrados na complexa arte de seleccionar os cogomelos comestibles dos que non.

Para comezar, o experto Jaime B. Blanco, membro da Agrupación Micolóxica Brincabois, falará da "Comparativa entre setas tóxicas e comestibles", nunha conferencia na Sala do Pleno do Concello de Nigrán, o próximo venres ás 20:00 horas.

Para no esquecer o aprendido, o sábado 13 as dez da mañá toca saír ao monte para recoller cogomelos. A actividade parte da casa do Concello e é imprescindible levar coche ou conseguir quen o leve.

A Ramallosa: Campaña compra na praza. Compra saúde.

Correo-e Imprimir PDF
A campaña comeza o próximo 9 de novembroA praza da Ramallosa únese a campaña da Xunta de Galicia “Este inverno presume de praceiro/a. Elixe o teu/túa preferido/a” e gaña cheques quincenais.

Dende o 9 de novembro ata o 4 de decembro, as persoas que compren na praza da Ramallosa recibirán un cupón por cada acto de compra, que poderán depositar na urna instalada alí mesmo indicando o parceiro preferido, e, asemesmo, entrarán nun sorteo quincenal de cheques compra por valor de 75, 50 e 25 euros, a descontar na propia praza ata o  31 de decembro de 2010.

Onde hai libros hai futuro

Correo-e Imprimir PDF
Concha Costas e Anxo IglesiasSe un neno non pode ler tranquilamente 60 palabras por minuto e comprender o que o texto di, dificilmente rematará os seus estudos básicos e probablemente terá moitos problemas de acceso nos mercados de traballo segundo un informe sobre sociedade e ensino elaborado polo Banco Mundial .

 

O desafío non ten fronteiras, e no Val Miñor botou a andar esta semana a campaña Onde hai libros hai futuro. Unha iniciativa de Espazo Lectura que ten por obxectivo reflexionar xunto coas nais e pais dos nenos en idade escolar da importancia das actividades familiares cara ao fomento da lectura, segundo afirmou a Valminor.info a súa presidenta a profesora Concha Costas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL