Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Carlos Blanco trae o Humor Neghro a Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Este venres 18 de abril ás 22:00h no Auditorio V Centenario de Baiona, terá lugar o espectáculo HUMOR NEGHRO de Carlos Blanco e Maneca Costas dentro da programación cultural da 1ª Edición Baiona a Escena da Concellería de Cultura de Baiona.

Concerto e Curso de guitarra en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Margarita EscarpaHoxe venres día 11 de Abril celébrase o concerto da guitarrista Margarita Escarpa, que está enmarcado dentro do I Curso De Guitarra Concello de Gondomar, que se delebra os días 12 e 13 do mesmo mes.

Tertulia do IEM con Lorenzo López Vázquez

Correo-e Imprimir PDF
Este venres 4 de abril de 2008 no Pazo da Escola de Mañufe-Gondomar ás 20:30 h. terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM. Nesta ocasión o convidado é o empresario Lorenzo López Vázquez, ex-presidente do grupo San Luís e presidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Océanos de Marte, nova exposición de Fernando Casás

Correo-e Imprimir PDF

O escultor e pintor gondomareño Fernando Casás presenta nova exposición en PontevedraOcéanos de marte. Este é o nome da nova exposición do artista escultor e pintor gondomareño Carlos Casás que estará exposta na Sala X da Sala de exposicións do Campus de Pontevedra na Facultade de Belas Artes. ata o día catorce de xuño. en horario laboral.

 

O principiño. Teatro en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe venres ás 18h no auditorio de Baiona, o grupo de teatro independente Tranghallada porá en escea unha adaptación ao teatro negro do libro do Principiño. A daptación ao teatro negro feita por Tranghallada Teatro descrí­bese como unha peza única chea de maxia, minimalismo e chea de valores que envolve ao público nunha sensación de ingravided planetaria. Tranghallada ,con esta obra, foi galardoado co 1º Premio no Certame Galego de Teatro e 1º Premio a mellor obra adptada e feita en Galego no Certame Galego de Teatro.

Obradoiro de ilustración con Chus Ferrín

Correo-e Imprimir PDF
Este mércores 2 de abril celebrarase en Gondomar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cun obradoiro de ilustración a cargo de Chus Ferrín. O acto, organizado por Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar, está pensado para nenos e nenas de máis de tres anos e terá lugar ás 18 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. A asistencia será libre.

Sesión especial do Contomar con Migallas

Correo-e Imprimir PDF
Contomar cumpriu dous anos o pasado mes de febreiro. O vindeiro luns 31 de marzo será a súa celebración. Coma sempre ás 18:00 horas, na Biblioteca Pública de Gondomar, pero esta vez contarán coa actuación especial de Migallas Teatro e o seu espectáculo Cantacontos. Espazo Lectura celebran deste xeito os dous anos do Contomar, que califican como dous intensos anos contando contos cada semana na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Habana, ida e volta. Tertulia e presentación literaria na librería Libraida

Correo-e Imprimir PDF
Últimos días na Feira da Habana. Foto: Fran AlonsoO Instituto de Estudos Miñoranos organiza para este xoves 27 de marzo de 2008 na LIBRARÍA LIBRAIDA de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro) “Habana, ida e volta”. Reflexións sobre a participación galega na Feira do Libro da Habana co escritor Fran Alonso o editor Xosé Manuel García Crego. Seguidamente darase conta da presentación dos libros “Fidel Castro a miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet ”(Xerais) e “Da vendima á zafra.

Entrega do V Premio Nano Cambeiro de Periodismo

Correo-e Imprimir PDF
O Instituto de Estudos Miñoranos convida a todas e todos os interesados a asistir á entrega do V Premio Nano Cambeiro de Periodismo otorgados a Xosé Reigosa Solleiro e Anxo Reigosa Solleiro, autores da páxina web de Salvemos Monteferro.
O acto terá lugar este venres 28 de marzo de 2008 no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL