Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Onde hai libros hai futuro

Onde hai libros hai futuro

Correo-e Imprimir PDF
Concha Costas e Anxo Iglesias
Onde hai libros hai futuro
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Se un neno non pode ler tranquilamente 60 palabras por minuto e comprender o que o texto di, dificilmente rematará os seus estudos básicos e probablemente terá moitos problemas de acceso nos mercados de traballo segundo un informe sobre sociedade e ensino elaborado polo Banco Mundial .

 

O desafío non ten fronteiras, e no Val Miñor botou a andar esta semana a campaña Onde hai libros hai futuro. Unha iniciativa de Espazo Lectura que ten por obxectivo reflexionar xunto coas nais e pais dos nenos en idade escolar da importancia das actividades familiares cara ao fomento da lectura, segundo afirmou a Valminor.info a súa presidenta a profesora Concha Costas.

“O libro ten que estar presente na vida familiar dende que o neno é un bebé e acompañalo ao longo da súa vida, porque nestes primeiros tempos xerminan as súas futuras competencias como lector”, reflexionou Costas.

Algúns datos recollidos na última pescuda do Ministerio de Cultura de España permiten aquilatar a necesidade da campaña: a metade dos españois entre 16 e 24 anos están fora do sistema de ensino, e o sector máis afectado polo paro é aquel que rexistra persoas que non acabaron a formación secundaria. Por outra banda, a relación comprensión e competencia lectora está directamente relacionada có desenvolvemento formativo das persoas, segundo o estudo das Nacións Unidas que levou a nomear o presente decenio “Da Educación para o Desenvolvemento Sostible”.

Aínda estes parámetros, a sociedade non reflicte a súa importancia nas enquisas valorativas dos maiores problemas do país. Apenas un 5% dos enquisados na última pescuda do Centro de Investigaciones Sociológicas , mostrou sensibilidade polo tema.

Onde hai libros hai futuro é froito dun traballo de planificación de Espazo Lectura, asociación na que participan voluntariamente especialistas nas áreas do ensino e no eido cultural, pero tamén moitas nais e pais que a integran dende a súa formación.

Dentro da campaña inclúese a edición de 4000 exemplares dunha guía dirixida aos adultos con consellos e recomendacións para este obxectivo, deseñada como decálogo.

A distribución desta guía irá acompañada dun programa de charlas-cloloquio polos centros de ensino da bisbarra, tarefa que a asociación encomendou ao profesor Anxo Iglesias Marino (membro da directiva), e a propia presidenta Concha Costas. Nos coloquios se ofrecerán algunhas estratexias para traballar a lectura como unha alternativa máis de ocio, pero sobre todo como un adestramento para mellorar a comprensión lectora e favorecer así a necesaria autonomía e competencia dos nenos en todos os ámbitos, tamén no escolar.

O ciclo de charlas-coloquio comezou este pasado martes 2 de novembro , no CEIP A Cruz-Camos e continuará o próximo martes 9 de novembro, ás 16:30 horas, no CEIP de Belesar. Ao longo das próximas semanas as charlas seguirán por diferentes centros de ensino da zona, para tentar dinamizar o papel das nais e pais neste ámbito.