Os seus responsables falan dun “un espectáculo sorprendente e orixinal, que escandila ao público desde o primeiro momento polo seu ritmo, os cambios constantes e calidade dos actores, xa que conxuga momentos de gargallada con outros de emoción”. “Toda unha vida” é unha obra “divertida, pero tamén profunda e con mensaxe”.
A función será o sábado 13, ás 22.00 horas, no Auditorio Municipal Lois Tobío. As entradas, ao prezo de 3,5 euros, venderanse en taquilla desde unha hora antes da función.
A Mostra de Teatro, organizada en colaboración con Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia), traerá a Gondomar 11 espectáculos diferentes ao longo dos dous vindeiros meses. A programación arrancou a semana pasada coa función de Fulano, Mengano e Citano, que abarrotou o auditorio con máis de 220 persoas, sendo a capacidade do recinto de 250 butacas.
A programación continuará o venres 19, cun dos pratos fortes deste ano: Carlos Blanco. Xa o sábado 20 dará comezo o ciclo de maxia co espectáculo “Trío de Ases”.