Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Homenaxe ao Gaiteiro 2010 terá lugar o 21 de novembro as 18 horas no teatro Caixanova

A Homenaxe ao Gaiteiro 2010 terá lugar o 21 de novembro as 18 horas no teatro Caixanova

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz do evento
Como dende hai 21 anos, o grupo Etnográfico A Buxaina organiza a Homenaxe ao Gaiteiro, un agasallo aos músicos tradicionais que adicaron boa parte da súa vida a música xa sexa interpretando, ensinando ou construíndo instrumentos.

 

Esta vez a actividade coincide coa celebración do 25º aniversario da agrupación, que nesta ocasión actuará xunto aos grupos miñoráns Os Terribles de Donas e o Coro Tradicional Cantares do Brión. O mantedor da homenaxe será Carlos do Viso.

A Homenaxe ao Gaiteiro terá lugar o 21 de novembro ás 18 horas no teatro Caixanova de Vigo. A entrada é de balde e farase por medio de invitacións a recoller no Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRAC), do 8 ao 13 de novembro para os socios e do 14 ao 20 para os non socios en horario de 19:30 a 21:30 horas, sábados e domingo de 12 a 14 horas.