Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

As arcas provincias fornecerán 150 becas de mobilidade por valor de 1000€ a universitarios de Erasmus+.

Correo-e Imprimir PDF

silva-salustiano-convenio-erasmusA Deputación asina un convenio coa Universidade de Vigo para impulsar a mobilidade do alumnado con menores recursos económicos dos campus de Pontevedra e Vigo.
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, destacou que "a Deputación de Pontevedra achega á Universidade de Vigo 150.000 € para que se poidan levar a cabo 150 mobilidades do alumnado universitario con menos recursos económicos"

A Unión de Consumidores de Galicia alerta que La Caixa “está facendo mal as contas das hipotecas”.

Correo-e Imprimir PDF

la-caixaDenuncian que a entidade bancaria aplica índices de referencia substituídos en 2013.

"Recentemente, facendo revisións dos préstamos e créditos hipotecarios de diversos asociados e asociadas da UCGAL, vimos de detectar que a entidade financeira La Caixa está a utilizar índices de referencia que deixan de publicarse en novembro de 2013", advirte o colectivo de consumidores nun comunicado.
Afirma qeu "Varios casos confirman que algúns créditos e préstamos hipotecarios concedidos por esta entidade nos últimos anos, se basean no uso incorrecto do índice de referencia que se utiliza para esas hipotecas".

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aproba un orzamento de 160,6 millóns de euros para 2016

Correo-e Imprimir PDF

cuvi concello goberno 2015Con 31 votos a favor, tres en contra e catro abstencións

Tamén se acordou iniciar o proceso de cambio de denominación da ETSE de Minas

Con 31 votos a favor, tres en contra e catro abstencións, os integrantes do Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobaron na derradeira sesión do ano un orzamento para 2016 de 160.586.524 euros. Trala presentación ante o Claustro das liñas básicas de actuación orzamentaria e á espera do ditame do Consello Social, que se reunirá o vindeiro día 29 no campus de Pontevedra, o orzamento recibiu o apoio maioritario dos membros do Consello de Goberno, ante os que o vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García, debullou os aspectos máis destacados deste orzamento, un 2,79% inferior ao do ano 2015, por mor da finalización dos proxectos Táctica e Biocaps ou infraestruturas como Cinbio e tamén pola redución na captación de recursos externos, ao estar o novo programa Horizonte 2020 da UE nas fases iniciais.

Cáritas presentará o seu programa de emprego en Porto do Molle

Correo-e Imprimir PDF

Cáritas Diócesis de Tui-Vigo presenta o seu programa de emprego en Porto do Molle. No encontro terá lugar un coloquio sobre "Bonificacións na contratación" e finalizará cun viño español. A mesma dará comezo este luns 14 de decembro ás 20 horas na Rúas das Pontes s/n, Nigrán.

Vídeo: Debate sobre a situación dos medios en galego.

Correo-e Imprimir PDF

amegaSe non tiveches oportunidade de seguir en directo o ‪#‎streaming‬ do debate dende o Culturgal Feira Industrias Culturais sobre "A situación dos medios en Galego" aquí tes de novo a emisión realizada polos compañeiros de K12 Comunicación

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL