CIG-Autonómica considera unha “vergoña e unha apropiación indebida” este orzamento público e pide que sexan destinados aos centros da Consellería de Benestar.
A Xunta destinou 1,2 millóns a un spa, mentres que deixa sen dotacións centros sociais dependentes da Consellería de Benestar. É a denuncia que fai CIG-Autonómica que critica que as obras de rehabilitación e acondicionamento como spa viñoterapia da nave lateral do mosteiro de San Clodio leven tal cantidade de diñeiro público.