Os medios en galego reclaman unha xestión transparente das axudas e cotas de publicidade das administracións públicas nos medios de comunicación. Esixen o respecto á lingua do país como vehículo informativo e o cese inmediato da entrega de subvencións por “presunta promoción da lingua galega” ás empresas mediatas monolingües en castelán.
Xornalistas de Que Pasa Na Costa, Galicia Confidencial, Son Radio Fusión e Valminor.info compartiron unha mesa de intercambio que afondou nestes temas no transcurso da feira das industrias culturais galegas CULTURGAL, que se está a celebrar até o vindeiro domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra.