A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor- OVALMI, coa colaboración da Concellería de Turismo do Concello de Gondomar, organizan estes días 28, 29 e 30 de agosto, a 3ª edición de "As Tapas do Conde".
Son dezaoito os establecementos de Gondomar que participan no evento, os cales optarán ao recoñecemento á mellor Tapa Conde 2015. Durante as tres xornadas, empezando o día 28 de agosto ás 13:00h, os asistentes poderán gozar de multitude de variedades de tapas, tanto doces como salgadas, a 2 euros a tapa.