Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Nigrán anuncia a próxima contratación de 30 persoas no marco do plan provincial de cooperación.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranO Concello de Nigrán anuncia a contratación este ano a través da deputación de 30 traballadores "co xeito da mellorará a atención á veciñanza e ao patrimonio municipal"

O 'Plan Provincial de Cooperación", dirixido a desempregados que xa non cobran prestación, permitirá por en marcha por vez primeira unha liña telefónica de atención directa ao cidadán

Os perfís requiridos mediante esta convocatoria de subvención van dende peóns forestais a albaneis, conserxes para os colexios públicos ou administrativos
"Estes postos significan a posibilidade de mellorar sensiblemente a atención aos veciños e ao patrimonio sen afectar en absoluto ás contas municipais", incide González.

O novo contrato da cafetería do complexo Dunas de Gaifar pasará dun canon de 8 mil euros anuais a un mínimo de 22.500.

Correo-e Imprimir PDF

gaifar 1O prazo de presentación de ofertas abre hoxe e consta de 15 días naturais

O Concello considera o novo importe "máis axeitado á realidade da instalación e beneficioso para as arcas municipais".

O Concello de Nigrán abre hoxe, trala súa publicación onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o prazo para a contratación da xestión da cafetaría do complexo deportivo municipal "Dunas de Gaifar", que vence próximamente.

Dá inicio o trámite que outorgará a Indicación Xeográfica Protexida “Pan Galego”.

Correo-e Imprimir PDF

WP mi bollo gallego migaO "bolo", a "rosca", a "bóla" e a "barra" comezan un longo camiño a Bruxelas na procura dunha protección legal para o pan feito en Galicia.

O texto legal describe o "Pan Galego" como aquel que "ten codia dura e triscante, miga esponxosa e alveolado abundante e irregular, que se elabora de forma artesanal con fariña de trigo brando, da cal unha parte procede de trigos cultivados na comunidade autónoma de Galicia pertencentes a variedades e ecotipos autóctonos galegos (os comunmente denominados 'Trigo país' ou 'Trigo galego')".

Vigo acollerá o acto de presentación de Somos Sindicalistas en Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Huelga-lucha-marchas-dignidad-SOMOS-sindicalistasUn sindicato crítico coas subvencións, que xa está funcionando a nivel de Estado e que a prensa identificou en numerosas ocasións como o "Sindicato de Podemos" organiza o seu primeiro acto público mañá en Vigo.

Podemos negou en reiteradas ocasións ser o promotor da iniciativa, aínda que houbo persoas dos seus círculos entre as que participaron nos primeiros pasos do colectivo a finais de 2014. En todo caso, Somos Sindicalistas comparte co partido de Pablo Iglesias un discurso renovador e crítico coa profesionalización da actividade pública.

A rede de empresas Abertos ao Galego presenta o seu catálogo de Nadal con produtos en galego.

Correo-e Imprimir PDF

catalogo nadal galegoA rede de empresas Abertos ao Galego, iniciativa promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, difunde unha nova edición do seu catálogo de Nadal, que compila unha selección de servizos e produtos que se ofertan en galego.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL