Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Cáritas presentará o seu programa de emprego en Porto do Molle

Cáritas presentará o seu programa de emprego en Porto do Molle

Correo-e Imprimir PDF

Cáritas Diócesis de Tui-Vigo presenta o seu programa de emprego en Porto do Molle. No encontro terá lugar un coloquio sobre "Bonificacións na contratación" e finalizará cun viño español. A mesma dará comezo este luns 14 de decembro ás 20 horas na Rúas das Pontes s/n, Nigrán.

Cáritas está a levar cabo unha campaña de difusión do seu programa "Cáritas es empleo, Cáritas es confianza" ao tecido empresarial e a sociedade en xeral.
Segundo explica a organización, a campaña consta dun audiovisual con testemuños de empresas colaboradoras, formadores e demandantes de emprego. Apoia esta realización unha páxina web informativa así como perfís nas redes socias. Finalmente desenvolven xuntanzas de presentación como esta que terá lugar en Porto do Molle, abertas a todo público.