Un concurso para ter acceso a vales por valor de 150 euros conseguiu estafar a miles de persoas. Trátase do "timo do Mercadona", unha nova fraude que se está difundindo por WhatsApp e SMS nos que se piden datos persoais aos usuarios para entrar nun concurso duns falsos cupóns.
A Policía alerta que ao dar os datos, subscriben ao usuario a un servizo Premium. Este tipo de fraude consiste na subscrición dun usuario a unha base de datos que lle envía información sobre certos temas (xeralmente xogos e concursos), pero cóbranlle por cada SMS recibido.