Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Preséntase en Nigrán “Nosa Enerxía”, a primeira cooperativa galega enerxética.

Correo-e Imprimir PDF

promotores nosa enerxiaA primeira cooperativa enerxética galega "Nosa Enerxía" será presentada este venres 22 de abril nun acto aberto no Auditorio de Nigrán ás 20 horas.
Nosa Enerxía preséntase como "a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, apostando pola sustentabilidade enerxética e por unha xestión transparente".

Inscricións abertas para un curso de cestería tradicional en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

cestosA Asociación "Chandebrito 1807", abre inscricións para un curso de cestería tradicional de madeira e vimbio, que terá lugar na Escola Infantil de Chan de Brito na Rúa da Igrexa 2.

Datas e horario: Tódolos luns dende o 1 de Febreiro ata o 28 de Marzo, de 18:00 a 20:30 h.
Inscricións: No correo-e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia, e enderezo de correo electrónico.

Publican as bases para optar por algunha das 200 bolsas de traballo na provincia de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

pontevedradiputacion 430O BOP publicou as bases para optar a 200 bolsa de traballo. As mesmas están destinadas a persoas con títulos universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación.

“Quen queres que che goberne, Rajoy ou a Coca Cola?” O TTIP a debate en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

stop-ttip-generic-fbA pregunta ben podería inspirar unha enquisa en todo o Estado. Os Estados Unidos e a Unión Europea levan dende o 2013 mantendo negociacións cara a sinatura dun tratado de libre comercio coñecido como a Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión TTIP (siglas inglesas de Transatlantic Trade and Investment Partnership). A súa execución permitiría a formación dun gran bloque integrado por ambas as dúas economías que xuntas suman cerca do 60% do PIB mundial, un terzo do comercio internacional de bens e servizos e 800 millóns de consumidores. Mais a gobernanza deste bloque podería caer en mans de lobbys e os grandes grupos económicos, máis que nos estados e nacións asinantes do convenio.

A empresa aérea Air Nostrum seleccionará tripulantes de cabina en Vigo

Correo-e Imprimir PDF

airnostrumAir Nostrum, a aeroliña franquiciada de Iberia para voos rexionais, iniciou un novo proceso de selección de tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) para incorporar ao seu persoal.

Responsables da compañía viaxarán o xoves da semana próxima a Vigo dentro da xira que están realizando por diversas localidades para tomar contacto con posibles candidatos. O equipo de selección ofrecerá aos interesados unha visión interna da compañía e das características do traballo nela, segundo deu coñecer nesta xornada a empresa.
As entrevistas cos candidatos terán lugar o xoves 28 de xaneiro no hotel NH Palacio de Vigo ás 9 da mañá.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL