Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O vindeiro domingo celébrase a 3ª edición de “Os Patos Surfean de Noite”

Correo-e Imprimir PDF

Pukas-Surfboards-LED-LEDs-by-Indo-Surf-01O vindeiro domingo 23 celebrarase nos areais de Patos a 3ª edición de Os Patos Surfean de Noite, un evento onde quen queira poderá entrar ó mar cunha táboa iluminada por leds e vivir de cerca unha emocionante noite de luces e cores.

Instálase unha feira de antigüidades en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

rastroO paseo marítimo de Panxón acollerá durante todo o sábado unha feira de antigüidades organizada polo Concello de Nigrán.

Dende o Concello sinalan que se decidiu repetir o evento "despois do éxito que tivo a que se organizou en xullo na alameda de San Campio, na Ramallosa".

Este venres terá lugar a tradicional Xeira “Noite de estrelas e lobos”, na Serra da Groba

Correo-e Imprimir PDF

montouto2Continúan as Xeiras 2015 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta venres 14 de agosto, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha "Noite de estrelas e lobos" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona). O punto de encontro será no merendeiro de Chan da Lagoa ás 20 horas. Non é necesaria a inscrición previa.

A andaina dará comezo ás últimas horas da tarde e as primeiras da noite polos cumios da Serra da Groba, unha das principais barreiras orográficas máis altas de Galicia á beira do mar. Faranse paradas en tres sitios distintos. Dende A Poza Negra rumbo A Chan da Gabiñeira e dende O Alto do Campo de Lobo se mirará A Boca da Groba onde falarase de hidronimia e lindeiros administrativos.

Comeza a 5ª edición do Festivla Novo Circo en #Nigrán. Homenaxe a “Juan Juanín”

Correo-e Imprimir PDF

Novo Circo2O Concello de Nigrán programa dende mañá venres ao domingo a quinta edición do festival Novo Circo con catro actuacións en diferentes ubicacións. Pallasos, acróbatas, trapecistas e malabaristas de recoñecido prestixio se darán cita no municipio nunha primeira representación o venres ás 20,30 horas no paseo de Panxón, o sábado con dobre sesión en Panxón (20,30) e na Praza do Concello (23,00 horas) e, finalmente, o domingo en Praia América (xunto a escola de vela). Trátase dun espectáculo familiar e para disfrutar de xeito distendido, por iso se recomenda aos asistentes acudir con coxíns ou toallas para sentarse directamente no chan.

Castro e Ladeira organiza un festival solidario en #Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

popin colaboradorA Asociación Veciñal Castro e Ladeira organiza o vindeiro sábado 5 de setembro un festival solidario co Banco de Alimentos de Vigo. O acto terá lugar no Mercado de Sabarís e constará dun espectáculo coa participación do Payaso Popin e a seguir o grupo Algarada.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL