Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

#Gondomar : Concerto de Pelepau na Alameda

Correo-e Imprimir PDF

pelepau folkO estilo "Pelepau" encherá unha nova noite de verán no escenario montado na Alameda de Gondomar. Percusións e boas voces amplificarán aos catro ventos as música do país que este grupo espalla por toda a xeografía galega.

Visita guiada aos petróglifos e monte comunal de Santa Cristina da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

oteiroO vindeiro sábado 8 de agosto terá lugar unha visita guiada con punto de encontro no encoro de Baíña ás 19:30 horas. Coa guía de comuñeiros terá lugar un percorrido polo monte durante unha hora, sendo a súa dificultade cualificada como "baixa" pola organización. A visita abranguera o bosque autóctono, a presa de Morade, a produción de cogomelos e o colmenar Rematará cunha visita nocturna aos petróglifos de Outeiro dos Lameiros con música e queimada.

#AxendaVM Última oportunidade para ver a Iván Ferreiro, hoxe en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

ivanferrerirolivetherrofLogo da actuación desta semán con Leiva en "El Náutico de San Vicente" no Grove, Iván Ferreiro volve a "xogar en casa" e ofrecerá un concerto en acústico este xoves 6 de agosto ás 21 horas no Pazo de Cea. O concerto será unha ocasión para repasar a discografía deste músico miñorano con proxección internacional. E quen sabe, igual Leiva aínda anda pola zona.

A Carrasca celebrará a V Festa Gastronómica de Ovos con Chourizo

Correo-e Imprimir PDF

a carrascaO Concello de Nigrán colabora coa celebración da "V Festa Gastronómica dos Ovos con Chourizo" que se celebra mañá venres dende as 21.30 horas no CCD Bolos da Carrasca, que conclúe mediante este evento a súa semana cultural.

Noite de Jazz na Alameda de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

The-Swamp-Donkeys1A noite de xoves de Gondomar terá jazz como fondo musical. A concellaría de Cultura local anuncia a presenza de The Swamp Donkeys & Ashlin Parker New Orleans Jazz Concert. Será a partir das 22:30 horas na Alameda.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL