Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Couso celebrará a XII festa gastronómica “As delicias do Porco”

Correo-e Imprimir PDF

asadaZorza, lacón e orella serán a gran oferta para este domingo na XII Festa Gastronómica do Porco na parroquia de Couso.

A banda de gaitas Novos Aires de Couso será a encargada de organizar a XII Festa Gastronómica do Porco, na parroquia de Couso. O grupo, que animará o encontro, anuncia unha exquisita variedade de tapas que serán ofrecidas aos veciños e visitantes que o vindeiro domingo 9 de agosto achéguense ao torreiro de festas da Virxe dos Remedios.

O IEM abre inscricións para participar da Xeira Marítima Baiona – Illas Cíes .

Correo-e Imprimir PDF

11264976 1049102441769736 5292201984682531060 nO Instituto de Estudos Miñoranos convoca á segunda Xeira Marítima do verán. Neta ocasión a proposta é partir dende o porto de Baiona, atravesar as Illas Estelas, bordear Monteferro e poñer proa cara ás Illas Cíes. O arqueólogo Xosé Lois Vilar acompañará a navegación cunha abundante información desta zona xeográfica así como das diversas culturas que a habitan. A viaxe brinda a oportunidade de gozas dende a nave das fermosas vistas que ofrecen as costas de Vigo e o Val Miñor no lusco fusco.

O Concello de #Nigrán organiza unha noite de observación das Perseidas no Castro de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

astronomia castro-chandebrito2O Concello de Nigrán a través da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura organiza unha noite de observación das Perseidas, para o martes 11 de agosto ás 22:30 horas. A choiva de meteoros será vista dende o Castro de Chandebrito e será guiada por Ricardo Lago, membro desta fundación xestora do Observatorio Astronómico de Forcarei.

Inauguración da exposición conxunta de Víctor Lorenzo e Gabi Carrera en #Sabarís #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

vitor gabiA partir deste xoves 7 de agosto poderá visitarse a mostra de arte dos creadores Víctor Lorenzo e Gabi Carrera. Instalada no Mercado de la Tía Ni, a exposición estará aberta até o vindeiro 30 de agosto.

La Fiesta Escénica instala a carpa de Cirkus Life! no Monte Lourido co espectáculo “Viaje Submarino”.

Correo-e Imprimir PDF

viaje submarinoNo seu vinte aniversario La Fiesta Escénica instálase a carón do campo de fútbol do Monte Lourido para ofrecer "Viaje Submarino". Espectáculo que mestura circo e teatro e pretende levar aos espectadores "ás profundidades dun océano cheo de maxia e colorido". As funcións terán lugar ás 20 horas de xoves a domingos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL