Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O vindeiro domingo celébrase a 3ª edición de “Os Patos Surfean de Noite”

O vindeiro domingo celébrase a 3ª edición de “Os Patos Surfean de Noite”

Correo-e Imprimir PDF
Pukas-Surfboards-LED-LEDs-by-Indo-Surf-01

O vindeiro domingo 23 celebrarase nos areais de Patos a 3ª edición de Os Patos Surfean de Noite, un evento onde quen queira poderá entrar ó mar cunha táboa iluminada por leds e vivir de cerca unha emocionante noite de luces e cores.

Para os que non se animan a mollarse a organización instalará un mercadillo con expositores con novas e innovadoras marcas, artesanía contemporánea, roupa, táboas, quillas.

A mais un concerto de Camarada Nimoy ás once da noite, música surf, Dj, proxeccións visuais e actividades variadas na praia para toda a familia.