Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Humor con retranca: actuación de Xan Veiga en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

xan veigaAO Concello de Nigrán organiza esta este domingo ás 21.30 horas en Chandebrito unha actuación do monologuista Xan Veiga, famoso polas súas intervencións no programa Luar. Con un humor 100% galego e un estilo inconfundible, Xan Veiga fará rir a toda a familia.

Pase nocturno do filme animado “Futbolín” en Morgadáns

Correo-e Imprimir PDF

futbolin-pelicula--647x331O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este luns 10 de agosto unha proxección para todo público no en Morgadáns. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme de animación arxentino "Futbolín" (2013), dirixida por Juan José Campanella

Tradi Són presenta en #Gondomar o disco “Olvidáchesme por pobre”•

Correo-e Imprimir PDF

tradison-cdHoxe continúa o ciclo das "Noites da Alameda" organizado pola Concellaría de Cultura de Gondomar coa presentación do disco "Olvidáchesme por pobre" do Grupo Tradi Són.

O espectáculo dará comezo ás 22.00 horas.

Parada do Miñor organiza unha andaina polo “camiño do terror” nos montes da parroquia.

Correo-e Imprimir PDF

DIY-LED-FlashlightO Centro Cultural Parada do Miñor organiza a súa primeira andaina, que leva por título "O Camiño do Terror". Sairá o sábado 22 de agosto do Campo de futbito de Parada ás 22:30 horas. Está aberta a inscrición para participar.

Concerto acústico de Cosade2 con clásicos do pop-rock ás beiras do areal de Patos #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

cosade2Cosade2 ofrecerá unha sedutora mestura de sons con versións propias de temas clásicos de bandas como The Beatles, Credence, Leo Sayer, U2, Queen, ou solistas como Miguel Rios, e Luz Casal entre outros. A cita é este sábado 8 de agosto ás 22:30 horas na terraza do Sunset Bar Patos con entrada de balde.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL