Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Monólogo do actor Carlos Blanco no Sunset Bar de Patos. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Carlos-Blanco1Este mércores 26 de agosto ás 22.30 horas o actor e humorista Carlos Blanco presentarase no Sunset Bar de Patos. Tras a participación na rodaxe do filme "A praia dos afogados" e as súas pasaxes por diversos medios, o coñecido actor nacido en Vilagarcía de Arousa achegará unha hora e media de puro humor do país ás beiras do areal de Patos.

Sabarís instalará sete escenarios para dar vida á 3ª Ruta Musical.

Correo-e Imprimir PDF

ruta-musical-sabarisCOEMSA, a asociación que acolle a empresarios e veciños de Sabarís prepara a 3ª edición da Ruta Musical. Un evento cultural que este ano acollerá sete escenarios espallados ao longo de 1km nas estradas da vila.

A Casa Colorida bota andar un Ciclo de Cinema todos os mércores en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

margaritaTodos os mércores ás 21:30 horas a Casa Colorida presentará títulos cinematográficos nun ciclo de cinema de boa calidade. Con entrada libre, simplemente achegándose á Rúa Rosalía de Castro Nº16.
O primeiro pase será El Espejo (URSS, 1975), un clásico do surrealismo ruso do director Andrei Tarkovsky.

Próximo a 400 persoas participarán da primeira andaina nocturna polo “Camiño do Terror” en Parada

Correo-e Imprimir PDF

DIY-LED-FlashlightA andaina partirá este sábado dende o campo de futbito de Parada ás 22:30 horas. O percorrido, no que haberá sorpresas relativas á temática, descorrerá polos camiños de Montecastelo con parada no Mirador Monte dos Mouros. Está previsto que finalice no mesmo punto de saída ás 01,30 horas.

Aberto o prazo para matricularse na Escola de Música de Belesar.

Correo-e Imprimir PDF

curso banda belesarA Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar vai comezar o curso 2015-16 e infórma que está aberto o prazo de matrícula en tódalas especialidades que ofrece.

Modalidades:

Xardín Musical: trátase dunha actividade lúdico-musical dirixida aos nenos de 3 a 6 anos. A súa finalidade é mostrarlle aos cativos os primeiros rudimentos da música a través de múltiples facetas: danza, canto, pintura... (1 hora semanal)

Linguaxe Musical: se o neno ten de 7 anos en diante, esta actividade proporcionaralle o marco teórico necesario para a interpretación dun instrumento musical. Nesta materia aprenderá teoría, solfexo, entonación, recoñecemento auditivo de diferentes aspectos musicais... todo en 5 cursos con diferentes niveis. (1 hora e cuarto semanal)

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL