Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Belesar acollerá este sábado o 18º Festival de Bandas de Música. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

banda belesarEste sábado 22 de agosto a partir das 19:30 horas dará comezo a 18ª edición do Festival de Bandas de Música, organizado pola Agrupación Musical de Belesar.

A Escola da Agrupación Musical de Vincios oferta prazas para as aulas 2015 – 2016

Correo-e Imprimir PDF

banda vinciosA Escola informa que ofrecerá cursos dirixidos a cativos maiores de 4 anos e adultos. Os mesmos cubrirán as especialidades de clarinete, frauta, óboe, trompeta, trompa, trombón, tuba, saxo, bombardino, percusión , violonchelo, contrabaixo e fagot.

Iñaki Cuesta Zabala desenvolverá un coloquio sobre fotografía na Capitanía Marítima de #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

fotografia-790x340Este xoves 20 de agosto ás 20:30 horas, Iñaki Cuesta Zabala achegará a conferencia "La Fotografía Hoy. ¿Realidad? ¿Ficción? ¿Arte?". A mesma forma parte do ciclo que está a desenvolver a Concellaría de Cultura de Baiona e coordinada polo profesor Antonio Piñeiro, baixo o título "Baiona Cultural".

Continúa a Semana Cultural de Peitieiros con dous concertos este xoves e venres

Correo-e Imprimir PDF

os muinhosdeoliveiraPeitieiros continúa coa Semana Cultural que este xoves 20 e venres 21 contará con cadanseu concerto, ambos os dous ás 22:00 horas e no local do Centro Cultural.

O xoves 20 actuará Ameva dúo. Ameva dúo está integrado polos veciños de Peitieiros Diego Bea, guitarra e piano, e Eva Correa, voz. Trátase dun dúo que realiza versións acústicas de diferentes artistas de Soul, Rock, R&B, Rock, Jazz e que nestes últimos anos ten realizado numerosas actuacións en Gondomar e nos concellos limítrofes.

“Vermú Colorido” este domingo con Diógenes dos Bosques e Nossis de Locri. #Nigrán #ValMiñor

Correo-e Imprimir PDF

11908192 10207204734067729 275320935 nDiógenes dos Bosques é un guitarrista galego residente en Nigrán, ben coñecido por tocar nas rúas de cidades como Porto, Baiona, Vigo, Pontevedra ou Santiago de Compostela. Nossis de Locri é unha vocalista italo-arxentina-arousana residente en Compostela. Ambos participaron en diferentes proxectos na Galiza. Este domingo 23 de agosto ás 13 horas participarán no Vermú Colorido que ofrece a Casa Colorida de Nigrán, na Rúa Rosalía de Castro Nº 16.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL