Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

Luis Espada Recarey falará do “Tango gardeliano” no ciclo de conferencias de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

carlos-gardel1Este  xoves a Capitanía Marítima de Baiona acolle unha conferencia baixo o título "El tango gardeliano. Poesía, amor desesperado, filosofía de la vida" na que se analizarán as letras dos tangos a partir dos seus creadores. A conferencia dará inicio ás 20:30 horas.

O Concello de Nigrán organiza unha “Pequeruta” na parroquia de Parada

Correo-e Imprimir PDF

pirataO Concello de Nigrán organiza mañá xoves unha nova peque-ruta, nesta ocasión aos pes do monte Montecastelo (Parada).

O punto de encontro será ás 18,00 horas un pouco antes da chegada ao propio merendeiro de Montecastelo (estará sinalizado).

A Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios convida á IV Festa do Día dos Veciños. #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

galineiroSerá o vindeiro domingo 13 de setembro na Área Recreativa do Centro Cultural de Vincios. Dará comezo ás 11 horas cun programa musical conformado por grupos e músicos da parroquia que animará o encontro até a noite.

Ao mediodía terá lugar unha comida de confraternidade, onde os veciños poderán levar a súa comida ou mercar polbo ou churrasco que ofrecerá a organización.

Cada quen deberá procurarse mesas e cadeiras para instalar na área recreativa. Haberá xogos infantís e hinchables para os pequenos ata media tarde.

Inscricións abertas para participar na 2º Xeira Alén Miñor do IEM por Terras de Lemos

Correo-e Imprimir PDF

cadeirasA xeira terá lugar os días 17 e 18 de outubro pernoctando en casas rurais da Ribeira Sacra. O itinerario abrangue entre outras, visitas a patrimonio arquitectónico relixioso de Pantón. Seguirá polo o eco museo de Arxeriz, o arte rupestre da ruta de Vilatán, Igrexa de San Paio de Diomondi. O día seguinte en Proencia das Lendas contemplarase os vestixios castrexos -romanos, casas señoriais e as contornas e vellas paisaxes do río Sil.

A vida no 1º século da era cristiá centrará a conferencia de Antonio Piñeiro en #Sabarís. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

antonio-pinero-entrevista--644x450O Mercado da Tía Ni de Sabarís (Julián Valverde 36) acollerá a presentación da novela histórica El trono maldito, contextualizada na época de Xesús de Nazaret. A obra, recentemente publicada polos catedráticos José Luis Corral (Historia Medieval, Zaragoza) e Antonio Piñeiro (Filoloxía Clásica, Complutense de Madrid), será presentada por este último este mércores 26 de de agosto ás 18:30 horas.

O cantautor Paco Cifuentes acompañado de María Rozalén regresan a Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

María Rozalén e Paco Cifuentes | Imaxe FB RozalénO cantautor e poeta sevillano Paco Cifuentes volve a Nigrán co seu pequeno recital da xira "Versos y canciones" que contará coa compañía da cantante manchega Rozalén.

Actuarán este mércores 26 de agosto no viño-hotel 7 Uvas de Nigrán (horario sen confirmar)

Monólogo do actor Carlos Blanco no Sunset Bar de Patos. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Carlos-Blanco1Este mércores 26 de agosto ás 22.30 horas o actor e humorista Carlos Blanco presentarase no Sunset Bar de Patos. Tras a participación na rodaxe do filme "A praia dos afogados" e as súas pasaxes por diversos medios, o coñecido actor nacido en Vilagarcía de Arousa achegará unha hora e media de puro humor do país ás beiras do areal de Patos.

Sabarís instalará sete escenarios para dar vida á 3ª Ruta Musical.

Correo-e Imprimir PDF

ruta-musical-sabarisCOEMSA, a asociación que acolle a empresarios e veciños de Sabarís prepara a 3ª edición da Ruta Musical. Un evento cultural que este ano acollerá sete escenarios espallados ao longo de 1km nas estradas da vila.

A Casa Colorida bota andar un Ciclo de Cinema todos os mércores en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

margaritaTodos os mércores ás 21:30 horas a Casa Colorida presentará títulos cinematográficos nun ciclo de cinema de boa calidade. Con entrada libre, simplemente achegándose á Rúa Rosalía de Castro Nº16.
O primeiro pase será El Espejo (URSS, 1975), un clásico do surrealismo ruso do director Andrei Tarkovsky.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL