Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

Xardín desordenado en formato dúo, presenta o novo disco "Aprendendo a ladrar".

Correo-e Imprimir PDF

xardin-desordnado900O venres día 11 de Setembro, ás 20:30 horas, Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud (as voces de Xardín desordenado) achegaranse até a Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), para presentar este novo proxecto nunha versión íntima e moi emotiva.

Curso de cestería en palla de centeo na parroquia de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

cesteria-chandebritoA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2015/2016 un curso de cestería tradicional, denominado "Cestería en palla de centeo (III"), coas seguintes características:
-Técnica: cosido en espiral con palla de centeo.

O Concello de Nigrán organiza unha xornada de limpeza de especies invasoras nas dunas de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

limpeza-dunas-panxonO Concello de Nigrán  organiza este xoves unha nova xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón despois de que a anterior fose suspendida polo mal tempo.

Para elo, fai un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar.

A Rondalla Santiago de Parada convoca a aspirantes a integrar a agrupación.

Correo-e Imprimir PDF

rondalla-parada-2Dende o pasado xoves 3 están a ensaiar no Centro Cultural de Parada do Miñor (Camiño da Igrexa, 6) a partir das 21:30 horas.

Convocan a persoas de todas as idades que desexen integrarse á agrupación a participar dos ensaios.

Nigrán despide a programación de zumba na praia mañá xoves cunha gran clase fin de curso

Correo-e Imprimir PDF

ZUMBA900Tras dous meses de realizar con gran éxito a actividade de zumba en praia América, o Concello de Nigrán xunto a colaboración de Toni Pilates organiza mañá xoves ás 19.30 horas unha gran clase fin de curso que porá o broche de ouro á tempada.

Actuación do grupo Breogán Valle Miñor na Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

pandeiretasO Concello de Nigrán programa este domingo ás 12.00 horas a actuación do grupo de folclore Breogán Valle Miñor na Alameda de San Campio de A Ramallosa.

Máis de 400 persoas daranse cita este sábado na “Andaina do Terror” en Parada

Correo-e Imprimir PDF

paradaterrorO Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural Parada do Miñor para organizar mañá sábado a primeira andaina "O Camiño do Terror" posposta o sábado anterior polo mal tempo e que parte dende o campo de futbito de Parada ás 22:30 horas.

O percorrido, no que haberá sorpresas relativas á temática de terror, discurrirá polos camiños de Montecastelo con parada no Mirador Monte dos Mouros. Está previsto que finalice no mesmo punto de saída ás 01,30 horas.

Canto fai que non xogas á billarda, a mariola ou a pita cega? I xornada de xogos populares en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

trompo-in-handO vindeiro sábado dia 29 de agosto a partir das 17:30 horas dará comezo unha xornada de xogos populares e tradicionais na parroquia de Chandebrito. Durante tres horas haberá xogos e demostracións no torreiro vello da igrexa parroquial. Actividade de balde, organizada pola pola Concellería de Cultura e a Asociación Chandebrito 1807.

A Banda de Vincios participará do XXVI Festival de Músicos Xoves do Rosal.

Correo-e Imprimir PDF

abandadevinciosEste Sábado 29 de Agosto, a Banda Agrupación Musical de Vincios participará no XXVI Festival de Músicos Xoves da Agrupación Musical do Rosal. O Festival comezará ás 21h na Praza do Calvario do Rosal coa seguinte orde de participación: Banda Musical Lanhelense (Portugal), Agrupación Musical de Vincios e Agrupación Musical do Rosal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL