Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

Nigrán organiza un curso preparatorio para persoas adultas destinado a obter o título da ESO.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Turismo, Cultura, Xuventude, e Igualdade do Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres organiza un curso preparatorio das probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ( E.S.O. ) para persoas adultas. O curso comezará no mes de outubro. Prazo de inscrición dende o 21 de setembro ata o día 6 de outubro.

Clases de baile latino en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

latinobaileA Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 organiza por terceiro ano consecutivo a actividade de bailes latinos (salsa, merengue, bachata, roda cubana e chachachá), que se desenvolverá no seu local social da escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa núm. 2) os venres de 19:00 a 20:00 h.

Xornada de portas abertas de ximnasia hipopresiva no Centro Cultural de Vincios

Correo-e Imprimir PDF

3 HipoplayaComo preámbulo da actividade de Ximnasia Hipopresiva que se impartirá no Centro Cultural de Vincios os luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas a partir de outubro, cun custe de 20€/mes por alumno socio e 23€/mes por alumno non socio. O Centro Cultural abre as súas portas de maneira gratuíta a todos aqueles que desexen probar a actividade ou convidar a veciñ@s, compañeir@s, familiares ou parellas.

Nigrán abre inscricións para 5 sesións no balneario Talaso Atlántico de Oia con subvención parcial.

Correo-e Imprimir PDF

talaso oiaO Concello de Nigrán informa que a Deputación Provincial de Pontevedra convoca á segunda edición do Programa Diúrno de Balnearios "Coidarte 2015".

O programa consiste na asistencia cinco tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia, facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús.

Faladoiro sobre adestramento canino no Centro Cultural de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

group-of-dogsA especialista Carolina González Rodal desenvolverá unha charla-coloquio sobre educación e adestramento canino.

A mesma terá lugar o vindeiro sábado 19 de setembro ás 16 horas no Centro Cultural de Vincios (Piñeiro s/n Vincios – Gondomar).

O Concello de Nigrán organiza unha excursión a Termatalia

Correo-e Imprimir PDF

termataliaO Concello de Nigrán organiza unha nova excursión a Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa en Ourense, o 26 de setembro. A excursión partirá ás 10,00 horas dende a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, para chegar ás 11.00 a Ourense.

“Gondomar en contacto”: Danza e natureza únense nunha nova experiencia de coñecemento.

Correo-e Imprimir PDF

claraO evento propón unha mestura de danza e actividades ao aire libre a desenvolver no concello de Gondomar. Organizado pola Asociación de Danza Gondomar, contará coa coordinación dos profesores José Rodríguez e Noé Vatierra.

O colectivo “ViGa” renova a mostra de arte no Mercado da Tía Ni en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

victor-lorenzo-4Até finais de setembro poderá visitarse a mostra de arte dos creadores Víctor Lorenzo e Gabi Carrera. Instalada no Mercado de la Tía Ni, a exposición estará aberta de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Suspendida e trasladada ao 19 de setembro a Xeira Marítima do IEM a Illa de Ons.

Correo-e Imprimir PDF

Por razoes meteorolóxicas a Xeira Marítima prevista para este sábado 12 de setembro suspéndese. O Instituto de Estudos Miñoranos comunica que a mesma pasará nos mesmos horarios e condicións para o seguinte sábado 19 de setembro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL