Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Monólogo do actor Carlos Blanco no Sunset Bar de Patos. #Nigrán

Monólogo do actor Carlos Blanco no Sunset Bar de Patos. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Carlos-Blanco1

Este mércores 26 de agosto ás 22.30 horas o actor e humorista Carlos Blanco presentarase no Sunset Bar de Patos. Tras a participación na rodaxe do filme "A praia dos afogados" e as súas pasaxes por diversos medios, o coñecido actor nacido en Vilagarcía de Arousa achegará unha hora e media de puro humor do país ás beiras do areal de Patos.

O espectáculo forma parte da programación artística coordinada Pablo Rodríguez, que engade así un novo espectáculo de cartel a Nigrán, trala presentación en exclusiva do cantautor do concurso La Voz, Marcos Martíns o pasado 15 de agosto.

Entradas anticipadas en Ticketea ou no día do espectáculo no propio local.