Todos os seguidores do certame musical La Voz da cadea Telecinco estarán de parabéns. O portugués Marcos Martíns (agora radicado en Valencia), quen fora finalista do programa, fará un único recital en Galicia e será no Sunset Bar da praia de Patos, Nigrán.
O cantante que conquistou coa súa voz ao público e gañou eloxios de Alejandro Sanz subirá a escena o vindeiro sábado 15 de agosto ás 22:30 horas.
Marcos chegará ao Val Miñor da man de Pablo Rodríguez, programador e manager artístico do Sunset Bar. Un local con capacidade para 200 persoas que anuncia, apostará por unha carteleira de espectáculos de primeiro nivel para este verán e o resto do ano.
O concerto, ás beiras do areal, permitirá disfrutar en directo do repertorio e a guitarra de Marcos Martins, quen agora con 24 anos, radicouse en Valencia e dende alí nacen as súas xiras artísticas pola península.
Sinala Pablo Rodríguez que en Portugal, Marcos estaba dentro do circuíto musical "e facía os seus bolos e estaba ben relacionado". Alí tiña catro bandas: folck, soul, rock e góspel. "Cando chegou a España tivo que empezar de cero, xa que aquí non coñecía a ninguén e viu como a música quedaba un pouco apartada da súa vida".
Sen embargo, sinala, "hoxe ten demostrado a toda España que a música non ten fronteiras e chegou á final do programa"
As reservas de mesa, cunha consumición mínima de 5€ pódense realizar no teléfono 607849679.