Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

Pedro Feijoo presentará a súa nova novela “Morena, perigosa e románica” no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

libroePedroFeijooDe boca do propio autor imos coñecer todos os segredos de Morena, perigosa e románica, a nova e esperada novela de Pedro Feijoo. Acompañado de Manuel Bragado da casa editorial Xerais e Luís Domínguez Sanjuán da Asociación Espazo Lectura, a presentará este xoves 22 de outubro ás 20:30 horas nun acto aberto.

Morena, perigos e románica. Unha novela dantesca.

“Espazos sonoros” achega este domingo a Baiona un recital de músicas renacentistas e barrocas do cantante e laudista Joel Frederiksen

Correo-e Imprimir PDF

Joel FrederiksenEspazos Sonoros” chegará esta fin de semana a Baiona nunha nova sesión deste festival de música e patrimonio promovido pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

Este domingo 18 de outubro, ás 20:00 horas, a igrexa barroca de Santa Liberata acollerá o concerto do cantante e laudista Joel Frederiksen, que ofrecerá un recital de música inglesa, francesa e italiana do Renacemento e do primeiro Barroco.

Nigrán abre inscricións para participar das celebracións do Samaín no concello.

Correo-e Imprimir PDF

Halloween1A inscrición para o concurso de cabazas talladas estará aberta do 26 ao 29 de outubro

O Concello de Nigrán organiza con motivo do Samaín varias actividades destinadas aos nenos, así como un concurso de cabazas talladas. O programa desenvolverase o día 31 de outubro de 10:30 ás 19:00 no Auditorio Municipal e terá o seguinte contido:

#Gondomar : Cursos para a proba libre que habilita a obtención do título en ESO.

Correo-e Imprimir PDF

casa da culturaDende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), vaise a por en marcha un curso preparatorio para a proba libre para a obtención do título en ESO destinado a persoas maiores de 18 anos.

Acto informativo do BNG de Nigrán sobre os recortes no novo hospital Álvaro Cunqueiro.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranAnte a problemática suscitada coa deficiente posta en marcha do novo hospital de Vigo, centro de referencia para os veciños de Nigrán en varias especialidades e hospital de referencia para moitos deles, o BNG de Nigrán vai realizar un acto informativo sobre os recortes no hospital.

O Concello de Nigrán abre inscricións para unha ruta polos escenarios da Praia dos afogados.

Correo-e Imprimir PDF

a praia afogadosUnha ruta guiada percorrerá durante hora e cuarto os puntos máis senlleiros da historia cuxo relato se desenrola maioritariamente en Panxón

Os interesados poden apuntarse dende o luns 5 ao venres 9 no 699232176 de 10.30 a 14.30 horas. Ao chegar ás 30 persoas non se aceptarán máis inscricións

O Concello de Nigrán celebra a estrea nos cines do filme de Gerardo Herrero ‘La Playa de los ahogados’ o próximo venres 9 de outubro cunha ruta interpretativa ao día seguinte polos lugares máis emblemáticos da novela escrita polo vigués Domingo Villar e na que se basea a película, localizada fundamentalmente en Nigrán (Panxón).

#Nigrán : A compañía Entre lusco e fusco pon en escena “No hay ladrón que por bien no venga”.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán programa mañá sábado ás 20,00 horas no Auditorio Municipal a obra de teatro 'No hay ladrón que por bien no venga', da compañía 'Entre lusco e fusco', adaptada e dirixida por Pilar Rodríguez Padro.

O IEM abre inscricións para o III Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo.

Correo-e Imprimir PDF

obradoirovt2014Neste mes outubro dará comezo un novo obradoiro de creación literaria a cargo da escritora Marta Dacosta. Baixo o título "III Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo", 25 persoas poderán participar desta actividade que se desenvolverá durante sete sesións na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, Aula de Cultura Ponte de Rosas na Avenida da Feira Nº10, baixo Gondomar.

O BNG organiza un roteiro pola parroquia de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

barrio da igrexaDentro do programa ‘’Camiña co BNG’’, o BNG Comarcal en colaboración co BNG Nigrán e a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 ten previsto realizar un roteiro, aberto para toda persoa que queira asistir, para coñecer os elementos patrimoniais da parroquia de Chandebrito (Nigrán).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL