Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion

Opinion

O Afranio en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Nestas terras miñotas e miñorás, anacos da medieval Terra de Turonio sobre a que divagaba o outro día, na súa Segunda Feira, o Méndez Ferrín erudito e sobre a que ten achegado documentación e estudo o goianés Manuel Fernández no seu Toronium, teñen orixe dous dos mellores relatos sobre a caza do home iniciada tras o golpe militar de xullo do 36. Estoume a referir ao magnífico Fuxidos do guardés de nación e devoción Juan Noya e a O Siñor Afranio, a vigorosa narración de como o seu autor, o deputado Antón Alonso Ríos, “se rispou das gadoupas da morte” como el mesmo indica no subtítulo da súa testemuña.

Protexer o planeta desde a escola

Correo-e Imprimir PDF
Protexer o planeta desde a escola

Salvemos o planeta
O planeta atopase hoxe en día ameazado desde moitos frontes. Por iso, a nosa escola aposta pola educación, a concienciación  e o respecto á natureza desde a máis tenra infancia, para mellorar o futuro coidando o planeta e tomando as medidas para frear o cambio climático. Sintonizar coas necesidades de manter unha actitude sostible require constancia, pois solo con esforzo se consegue concienciarnos  para salvar o noso entorno.

A clave que favorece a educación medioambiental comeza na escola e na familia con pequenos xestos que favorece a adquisición de bos hábitos que nunca se esquecen. Desde a nosa escola, alumnos e mestres, estamos concienciados en inculcar nas nosas conciencias a importancia do aforro de enerxía, a utilidade da reciclaxe de materias, do uso racional de recursos, da enerxía eólica, solar,  etc.

O "feismo" no Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Podes crelo ou non, pero o certo é que sí é certo. E case que incríbel pero é certo. O “feismo” campa no Concello de Nigrán. E grave, pero e moito maís grave que campe da man daqueles que deberan e teñen os medios de evitalo. Imos por varias mostras. 

A Praza de Abastos da Ramallosa.

Non hai dubida que cumpría o seu acondicionamiento, e anque teño dúbidas en sobre o seu acondicionamento, quero supoñer que a Dirección Facultativa axeitaria o Proxecto as necesidades e demandas dos usuarios, responsabels dos postos de venda e dos mercantes.

Mexan por nós e efectivamente mexan por nós.

Correo-e Imprimir PDF
Positivo de coliformes fecaisHoxe coñecemos polos medios de comunicación que a ría de Baiona e o esteiro da Foz quedan pechados ao marisqueo por mor dos coliformes verquidos á ría. Algún pode pensar que pode ser unha nova especie invasiva de argazo da familia da coliflor. Pois non, os coliformes é o que vulgarmente se coñece como "merda".

Renuncio

Correo-e Imprimir PDF
Por Carlos Méixome.
O xogador ten que asistir ao pao, e ten que subir no triunfo. Primeiras regras do complexo e diverso mundo do tute. Se non o fai, o contrincante, no caso de descubrilo, pode acusalo cun contundente “renuncio”. Daquela, quen non respectou as regras perde a partida. Sempre queda a desculpa: “despisteime”, mais a lei é inexorable e a man está perdida. Á marxe queda a maña cínica da trampa.
Hai anos compartín numerosa e demorada cea-coloquio cun articulista de prensa, dos chamados, con certa fachenda, “analistas”. No percorrer da noite e dado que o “analista” en cuestión mantiña, e mantén, unha chiscadela galeguista para sectores crédulos, uns amigos preguntáronlle por que non escribía en galego. O home fixo uns cantos “renuncios” antes de que nos decatásemos de que andaba a xogar á marxe das regras.

In the begining

Correo-e Imprimir PDF

Por Carlos Méixome - Publicado na Peneira
A ben seguro que o rostro de Noé sería como o do irlandés xenial. Primeiro veume John Huston ao maxín. Para os ollos adolescentes aquelo era o cine. Enormidade. Grandes pantallas, grandes salas, grandes mensaxes, cine de epopea, cine bíblico e sobre todo A Biblia de Huston. Despois lembrei a bóveda da Sixtina. A dualidade de Buonarotti. O masculino e o feminino enxertados. Adán e Eva felices, separados pola serpe enroscada na árbore do saber, dos horrorizados polo pecado cometido. A tristura do coñecemento. O afastamento do paraíso. A corrupción orixinaria.

As estratexias do cinismo

Correo-e Imprimir PDF
Por Carlos Méixome
Aproveitando os pasados días do entroido achegueime ata a Baiona verdadeira e fermosa, non a das reais nostalxias de espermatozoides ou fazañas coloniais, senón á de dereitos cidadáns. Vagabundeei, mañá fría, por calexas de lousas centenarias. Acudín á fachada, cun aquel de fortaleza inacabada presidida por rosetón tardo románico, da antiga colexiata. Deille unha volta para gozar da ábsida máis primitiva e batín de fociños cunha enorme cruz gravada nos perpiaños graníticos erguidos hai séculos por mans gremiais. O símbolo que na súa orixe significou o reino da xustiza e da liberdade acolle baixo os seus brazos unha relación de nomes comandada por José Barreiro Troncoso, alférez provisional, e por Luís Refojo Mariño, cazador de entobados e furibundo perseguidor dos Ineses. 
A descuberta do agocho, en Sabarís, de Luís e Pepe Pérez Luís, os fillos de Inés, rematou coa morte destes, do falanxista, da anciá Dolores Samuelle e desencadeou a matanza vingativa de nove veciños do Val Miñor, no lugar coñecido como Volta dos Nove.

As mentiras nunca serán verdades, Sr. Silva

Correo-e Imprimir PDF
Ante as manifestación feitas polo Sr. Silva, onde unha vez mais, ante a falta da razón no seu discorrer pola vida política, utiliza a mentira para dicir que a executiva do PSdeG-PSOE minte,é indicado facer as seguinte aclaracións: Mire, si entón nos estamos a mentir, porque vostede interpón outro recurso de súplica ante oTSXG contra o novo auto dictado o 25 de outono. Eu creo que cando a un se lle dá a razón non presenta recurso. Vostede, entre outras cousas mais, vai pasar por ser o alcalde deste concello coñecido polo “o súplicas”. ¿Cantas van?.

O TSXG, nese auto, non demostra que o PXOUM está en vigor, senón que ratifica moi claramente que as sentencias de dita sala de datas 21-11-05 e 22-12-05, seguen en vigor, e sabe o que dicía literalmente unha delas, ...

Entre Baiona e Beijing

Correo-e Imprimir PDF
Cóntanse por milleiros os quilómetros de distancia que separan a Baiona e Beijing. Non obstante, tan considerable diferenza disólvese nun instante de comunicación fluída e barata a través dos múltiples servizos que nos ofrece Internet, dende o e-mail, o messenger ou o Skype, por citar algúns exemplos. O comentario repítese unha e outra vez: ¡que marabilla, comunicación en tempo real! !Non parece que esteas tan lonxe! ¿Será tan doado aproximar as persoas e as culturas?¿Canto hai de diferenza nunhas e noutras máis alá do singular perfil de cada unha? Insístese en demasía no mundo de hoxe na importancia das especificidades, as que separan culturas, costumes, tradicións, ... motivos que afastan moito máis as persoas cando estas se empeñan en fincar valados no que separa en vez de recoñecer o natural e inmenso valor desa rica diversidade que nos une na diferenza e que cómpre preservar e non destruír.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL