Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas O "feismo" no Concello de Nigrán

O "feismo" no Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Podes crelo ou non, pero o certo é que sí é certo. E case que incríbel pero é certo. O “feismo” campa no Concello de Nigrán. E grave, pero e moito maís grave que campe da man daqueles que deberan e teñen os medios de evitalo. Imos por varias mostras. 

A Praza de Abastos da Ramallosa.

Non hai dubida que cumpría o seu acondicionamiento, e anque teño dúbidas en sobre o seu acondicionamento, quero supoñer que a Dirección Facultativa axeitaria o Proxecto as necesidades e demandas dos usuarios, responsabels dos postos de venda e dos mercantes. E certo que o edificio a acondicionar, non parece moi axeitado pra o uso a que esta destinado, pero sempre cave axeitalo mellorando as instalacións e os servicios.
Hasta eiqui, problemas técnicos.
 
Pero xurden outros problemas que fan por en dubida a idoneidad estética en relación co seu entorno.
As cores da pintura do seu revestimento, a o meu parecer, non e que non se axeiten a o paixase do entorno. E que o “reventan”. Mon hai ningunha posibilidade de compatibilizar seus cores amarelo ou azul cuasi eléctricos. De calquer punto ou xeito que o mires. Desde a Ponte Romana ou desde a carretera de Gondomar, a o mirar ao Rio, a Ponte, ou a posta do sol, salientarase coma un espantallo. 

Os amigos de contemplación do paisaxe ou de plasmar as suas bellezas en fotografias, sexan turistas ou non, teñeno difícil. 
É unha agresión grave ao Medio Ambiente.
E se dixo falamos, compre mirar os cochizos que forman ou compoñen o entorno dun lugar donde a falta de asepsia ten que estar desterrada, pois nada menos que o seu destino he a venda de productos alimenticios.
O abandono do predio colindante e total en el campan ratas, pombas, gaivotas, parasitos portadores de todo tipo de infestacions.

Tamen pode apreciarse a falta de sensibilidad neste senso ao seres utilizado o seu entorno para deposito de lixo, ou restos de obras, que he de supoñer que desaparezan coa ordenación dos arredores da Plaza, (aparcamentos, areas de carga e descarga, etc). 


Niños de Ametralladoras?


Ao comenzo de estas viviendas, na fase de estructura de hormigón, parecia que a forte inclinación de cuberta, baixa na parte norte e alta a o mediodía, daba a impresión de que este ultimo piso seria destinado a un ventanal que aproveitase esa posición para contemplar o maravilloso Val do Miñor.

Falso espexismo, non e asi, toda esa fachada queda prácticamente pechada, solo ten uns extreitos ventanucos, que mais ben rocordan as troneras dos niños de ametralladoras que de neno, cando fun a Madrid, todavía podian ollarse na Ciudad Universitaria ou no parque do Oeste, testigos xa mudos da terrible contienda pola que pasou este Pais.

Claro que, pola cara Norte, que debera ter vistas a Ria de Panxón, tamen esta casi pechada. Ou sexa que estas viviendas estan pensadas non pra ollares o paixase, se nos pra ser olladas. Magoa que conformen un tan feo paisaxe.
Tampouco hay que usar de medios tan drasticos pra facelas desaparecer como as bombas. Pero, ¿por qué a un, faille recordar ese medio destructor coa apariencia de estructuras belicas que amosan?.

De cualquer seito, outro “feismo”, outro atentado contra do ámbito rural, outra burra pastando no millo, outra merda.