Consideran que as instalacions ofrecidas en Cotros resultan insuficientes e non están preparadas para poder realizar a súa actividade. Así mesmo aseguran que se lle prometeu que ate que as novas instalacións no estivesen listas, non se produciría ese traslado.
Por este motivo manifestaron o seu malestar cando estes días foi requerido o desaloxo da actual escola por mor a execución inminente da sentenza de derrubo, o que supón, segundo Emilia "unha falta de respeto para os alumnos dado que van perder, se non é todo, parte do curso de este ano; contando que tiñamos a promesa e a tranquilidade que poderíamos continuar a actividade sen problemas ate que se acondicionase un novo emprazamento."
Emilia aseguraba que na época de campaña electoral pasaron todas as agrupacións políticas polo taller mostrando interese pola situación inestable do taller dada a sentenza previsible de derrubo. Comenta Emilia, que "uns con máis atino e outros con menos, pero o certo é que nos prometeron a búsqueda dunha solución definitiva para a ctividade do taller de cerámica. "Neste senso lembraba as propias palabras do actual alclade na que prometera un espacio "como mínimo igual ou mellor que o actual.".
Consideran que o espazo ofrecido en Cotros non é igual ás instalacións actuais, e menos si ten que ser compartido por outra actividade como é a do IEM.
A escola taller actual ten una superficio de 240 m2, fronte aos 100 m2 da nova instalación en Cotros que sería a compartir.
Consideran que este cmabio supón un atraso de 20 anos, na loita por uns instalacións dignas para esta actividade que alguns non dudaron en sinalar que dado o desinterese "quizais non merezca este concello".
Concentración pacífica.
Os alumnos solicitan unha solución de finitiva despois de 25 anos de actividade. Unha búsqueda dunha solución "seria e sen confrontamentos". Por iso estes alumnos acudirán ás 12 do medio día ao concello de Nigrán para esixir de forma pacífica, unha mayor consideración de cara a traxectoria de este taller e o compromiso de buscar unha nova ubicación adecuada.
A ubicación errática da escola de cerámica
A historia da escola de cerámica semella mesmo a historia dunha instalacion dunha actividade molesta.
Acollidos inicialmente nas instalacions do antigo parbulario da Porqueira en Panxón xa fai vintecinco anos, votou a andar da man de Emilia Guimerans a iniciativa cultural mais antiga e pretixiosa da comarca do Val Miñor.
Interesados polo arte da barbotina e o torno veciños e nenos de todas as idades acudiron de aquela, à chamada desta nova actividade no concello, desprazándose dende parroquias como Camos, Priegue ou o Viso para acudir às clases de Emilia, pese a que a ubicación da escola na porqueira requeria dun segundo esforzo dado o emprazamento.
Esforzo e gañas por aprender reunían anualmente a moitos expertos e interesados nas internacionalmente coñecidas xornadas de Rakú , unha técnica milenaria xaponesa para a elaboración de cerámica utilitaria.
Fai uns anos, a AVV Monteferro de Panxón solicitou de a desafección do local e a ubicación da sede da asociación veciñal en ditas instalacións, polo que o taller foi reubicado na escola taller de artes e oficios na rúa Paradellas, destrás do IES Val Miñor. Para posteriormente pasar a ocupar fai 2 anos o actual taller, que segundo unha denuncia foi contruido en ordenanza 15, unha zona de afección por ser chan rústico protexido e que foi motivo dunha denuncia contra o ex rexedor Alfredo Millares e o ex-tenente alcalde Antonio Fernández.
A sentenza dictada obrigaba ao novo goberno local a derribar esta obra e restablecer a legalidade urbanística. Un feito que para os alumnos non deixa de ser paradóxico dado que precisamente fronte ao taller motivo da disputa, está emprazado o deposíto municipal de coches e de materiais de obra. Algo que consideran sí se podería considerar perxudicial para ese chan rústico de especial protección e que esta afectado pola misma ordenanza que o taller.