Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Ambición ou conformismo

Ambición ou conformismo

Correo-e Imprimir PDF
Nestes días, grazas ao Obradoiro de Emprego que se está a encargar, estanse a realizar obras de reforma na Praza de Abastos de Baiona. Esta praza xa sufriu varias reformas e moitos recordamos o fermosa que era hai moitos anos, antes de que Chicho puxera as súas mans enriba dela para executar a “xenial” idea de colocar aparcamentos sobre a praza en troques do normal.

Aquela fermosa praza, coas súas escaleiras de acceso e cun peculiar tono verde.

Hoxe é unha infrautilizada infraestructura que se emprega como depósito municipal, entre outras cousas.

Os políticos tiveron intención de remodelala, no 2004 e agora no 2007. Pero non son máis que parches. Habería que ver con maior profundidade, pensar en como adecuar as necesidades dos tendedeiros da praza ás necesidades de Baiona. ¿Cómo poderiamos adecentar o entorno? ¿Caben outros usos? Quixeramos desde aquí deixar unha porta aberta a posibles alternativas, abrindo un pouco máis a participación dos nosos lectores, agardamos que non sexa unha decepción, porque isto é unha proba de fogo.

Dúas alternativas se nos veñen á cabeza:

- Remodelación social: A paraza de abastos coma tal non é útil, derrubaríase e se sacaría a concurso a construcción de vivendas de protección oficial, sempre e cando a pranta baixa se empregase como mercado municipal. É posible que esta alternativa produxese unha masificación de Carabela a Pinta, pero podería plantexarse unha peatonalización da mesma e integrar no proxecto un aparcamento soterrado. ¿Ambicioso de máis?

- Remodelación do lecer: Pode ser unha proposta arriscada porque se perdería moito espazo en altura. Logo de derrubar a actual praza, constrúese un parque, integrando a rúa Carabela a Pinta nel. Nos lindes do parque se constrúen postos de venda para os comerciantes da praza. Quizáis uns postos cun fermoso porticado por onde irían os clientes. A opción do aparcamento soterrado tampouco sería mala idea.

¿Algunha proposta dos nosos lectores? Ningún partido político tratou o tema nas Municipais, nin parece ter fixada a vista neste punto concreto do noso concello.

Ahí deixamos o reto ¿alguén ofrece solucións?