O portavoz municipal de UCN-CDL, acusa a PP e PSOE de utilizar de xeito partidista as "promesas e expectativas de emprego" en Porto do Molle.
UCN fala de fracaso na posta en marcha do parque empresarial onde apenas 50 persoas traballan actualmente logo de dous anos de actividade.
Antonio Fernández cargou onte contra os principais partidos de Nigrán , Partido Popular no goberno e PSOE na oposición, en relación as "promesas e falsas expectativas" creadas á cidadanía durante o último período electoral municipal. Apunta que as promesas de creación de emprego no parque empresarial de Porto do Molle, foron un efecto chamada durante a anterior lexislatura onde o goberno socialista falaba da posibilidade de chegar a acordos coas empresas que se ubicarían en Porto do Molle para garantir un porcentaxe mínimo de traballadores de Nigrán e comarca.
A realidade, segundo os datos apuntados por Fernández, é que logo de dous anos de posta en funcionamento do parque empresarial a implantación de empresas é escasa e apenas dan traballo a pouco máis de 50 persoas cunha moi baixa porcentaxe de veciños de Nigrán, xa que segundo apunta a maioría das contratacións realízanse mediante empresas de traballo temporal (ETTs), mentres a bolsa local de emprego de Nigrán acumula máis de 3000 perfís profesionais motivado polo efecto chamada da promesa de emprego local motivo de disputa dos principais partidos PP e PSOE que incluso rematou en forma de mocións no pleno municipal.
Comesaña esixiu ao alcalde Alberto Valverde "unha xestión máis activa e eficaz, involucrándose directamente en alcanzar un compromiso serio e formal, tanto a través de Zona Franca, como das empresas que se instalen no Polígono de Porto do Molle, para que contraten de forma preferente a veciños de Nigrán, e do Val Miñor en xeral, pasando das falsas promesas á realidade dos feitos."
UCN-CDL falou onte cos manifestantes e transmitiulles a súa "solidariedade e comprensión, polo que entendemos unha actitude valente, espontánea e pacífica" en relación á concentración que levaron a cabo un grupo de veciños ante o Concello.