Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A empresa Peugeot Citröen abre inscricións para cursos AFD “con compromiso de contratación”.

A empresa Peugeot Citröen abre inscricións para cursos AFD “con compromiso de contratación”.

Correo-e Imprimir PDF
psa vigo

- O prazo presentación de solicitudes remata o día 20 de setembro de 2013.
-A selección do alumnado será xestionada directamente por Peugeot Citröen Automóviles España, S.A.

A Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia informa da apertura de inscricións para unha serie de cursos AFD "con compromiso de contratación", que desenvolverá a empresa Peugeot Citröen no que resta do 2013. Matiza que a selección do alumnado dos cursos será xestionada directamente pola empresa. Nese senso as persoas interesadas en participar no proceso de selección deben cumprimentar un formulario que se pode descargar na web da Concellaría de Emprego do Concello de Santiago.
Cursos AFD con compromiso de contratación
- Carristas automoción (Nivel 1: non hai requisitos mínimos de acceso)
- Pintor automoción (Nivel 1: non hai requisitos mínimos de acceso)
- Retocador de automoción Citröen (Nivel 1: non hai requisitos mínimos de acceso)
- Operario básico (Nivel 1: non hai requisitos mínimos de acceso)
- Operario en sistemas de produción PSA (Nivel 2: requisitos mínimos ESO/FPI e CELGA 2)
Segundo o comunicado publicado por Traballo e Benestar, ata o mes de setembro Peugeot Citröen Automóviles España, S.A. non comezará as xestións de candidaturas para a selección do alumnado.