Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Emprego. Nigrán busca xuiz de paz e convoca unha oferta pública de emprego

Emprego. Nigrán busca xuiz de paz e convoca unha oferta pública de emprego

Correo-e Imprimir PDF
Concello de Nigrán
Access this URL (http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2012/bop.PONTEVEDRA.20120611.111.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

O BOP de Pontevedra publica hoxe a convocatoria pública de emprego para a designación de un Xuiz de Paz titular do Concello de Nigrán.

As candidaturas poderán presentarse no concello de Nigrán nun prazo de 20 días hábiles contados apartir de mañá.

Os xulgados de paz, en España, son órganos xudiciais unipersonales con xurisdición nun municipio no que non existe un xulgado de primeira instancia e instrución. Xeralmente están servidos por xuíces leigos (non profesionais), chamados xuíces de paz que levan a cabo funciones xurisdiccionais, encargados de resolver cuestións de menor relevancia, os xulgados de paz prestan ao cidadán o servizo máis sinxelo dentro da complexa administración de xustiza.

Os requisitos para os candidatos ou candidatas son: Ser español e maior de idade. Non estar incluído en ningunha das causas de incapacidade, incompatibilidade ou prohibición previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial. Non é preciso ter coñcementos de dereito.

Os aspirantes deberán acompañar á solicitude os seguintes documentos: Fotocopia do DNI , Declaración responsable na que conste: Profesión. Que non está impedido física ou psiquicamente para a función xudicial e que vai residir nesta localidade, salvo autorización da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza. Que non foi condenado por delito doloso ou, no seu caso, que obtivo a rehabilitación. Que non está procesado ou inculpado por delito doloso. Que está en pleno exercicio dos seus dereitos civís. Que non está incluído en ningunha das causas de incapacidade, incompatibilidade ou prohibición previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial, no que lles sexa de aplicación. Así como os méritos alegados polo solicitante e xustificación dos mesmos.