A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo Chao» en colaboración coa Concellería de Emprego do Concello de Vigo, oferta 36 postos de traballo para distintas áreas.
É requisito imprescindíble o dominio do idioma galego, estar empadroado en Vigo e ser demandante de emprego.
O Plan de acción Veciñal «Eduardo Chao» (P.A.V.E.C) é un proxecto da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo Chao», levado a cabo coa colaboración da Concellería de Emprego do Concello de Vigo para dar servizo ás Asociacións Veciñais Federadas e a toda aquela persoa que o precise, e que o solicite, a través de algunha das Asociacións integradas no plan de emprego á FAVEC.
No plan de emprego 2013, a Federación abriu a quenda quenda de presentación de currículos para cubrir os seguintes postos:
- 7 Administrativos
- 1 Técnico de Emprego
- 1 Técnico Superior en animación Sociocultural
- 7 Monitores de Tempo libre
- 2 Educadores Sociais
- 3 Traballadoras Sociais
- 6 Axuda a Domicilio
- 7 Oficiais de Mantemento
- 2 Músicos
Dende a Federación indican como requisitos imprescindíbles "o dominio do galego, estar empadroado en Vigo e ser demandante de emprego." neste último caso é obrigatorio adxuntar fotocopia da tarxeta de demandante e o xustificante/volante de empadroamento.
As persoas interesadas deberán entregar os currículos na sede da Federación na Praza da Princesa 7, 2º andar antes do vindeiro 8 de abril ás 14.00hrs. e advierten que non serán válidos os C.V. presentados fora de prazo.