Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A protesta dos desempregados obriga ao concello de Nigrán a mover ficha

A protesta dos desempregados obriga ao concello de Nigrán a mover ficha

Correo-e Imprimir PDF
Unha das naves bioclimáticas de Porto do Molle

O goberno de Nigrán fai pública unha nota na que asegura que "está trabajando" na posta en marcha de plans de formación e emprego "para sus vecinos".

O goberno de Nigrán promete gardar partidas nos presupostos de 2013 para plans de formación.

As protestas que realizan case a diario varios veciños da comarca en situación de desemprego provocou que a pasada semán o concello de Nigrán se pronunciase ao respecto. Nomeadamente, Alberto Valverde, avanzou na súa nota que "está trabajando en la puesta en marcha de planes de empleo y de formación para los vecinos del municipio."

Sen concretar nada ainda, Valverde asegura que "en las próximas semanas concretaremos algunas de las medidas que llevaremos a cabo, que permitan a nuestros vecinos seguir formándose y preparándose para incorporarse, por primera vez en el caso de los jóvenes, o reincorporarse al mercado laboral".

Neste sentido o goberno municipal a asegura que esta liña de actuación verase respaldada cunha partida, ainda sen determinar, nos próximos orzamentos municipais de 2013.

No ano 2012 o concello de Nigrán apenas destinou 18.000 euros dun orzamento total de 13,6 millóns de euros, para unha área, que segundo declaracacións de Valverde ao Faro de Vigo en decembro de 2011, "a crise económica obligárao a realizar un esfuerzo en servicios sociais e na creación de emprego". Valverde comprometía tamén para 2012 políticas de desarrollo do comercio local e do turismo para crear postos de traballo cando a cresta de desemprego en Nigrán rozaba os 1700 desempregados. 

Nesta liña, Valverde compromete novamente para 2013 "partidas específicas" sen determinar ainda, para a concellalía de Promoción empresarial, Comercio e Emprego que dirixe Rosa Rodríguez, e que se destinarán "á posta en marcha de iniciativas de promoción de emprego entre os veciños do municipio".

O rexedor municipal insiste na súa nota, na importancia do parque empresarial de Porto do Molle como motoro para a creación de postos de traballo a medida que se vaian instalando empresas. "El parque empresarial será también un importante germen de emprendedores, una de las salidas más importantes e interesantes en el entorno actual", agregou.

Valverde excusou as escasas competencias da administración local en materia de emprego "La administración local tiene competencias muy limitadas en materia de generación de empleo" unhas declaracións que contrastan coa labor levada acabo na oposición cando neste sentido o Partido Popular presentou en marzo de 2011 unha moción pedindo ao goberno local chegar a acordos coas empresas de Porto do Molle, para garantir aos veciños de Nigrán un posto de traballo no parque empresarial nun momento no que a cifra de parados situábase xa en 857 persoas.

O PXOM e a construción, como outros horizontes de emprego local

O goberno municipal asegura tamén o seu compromiso para "limitar" a empresas locais, que empreguen a veciños, para actuacións e contratacións de obras e servizos que precise a administración local  "Fomentaremos la contratación de empresas locales que trabajen con personal local, siempre y cuando se entren dentro de los parámetros de competitividad y transparencia en las contrataciones", señalou Valverde.

Dende o concello lanzan tamén unha chiscadela ao sector da construcción a través do futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal. "La aprobación inicial del Plan General de Ordenación Municipal será otro factor importante para reactivar la economía local, con la recuperación paulatina de muchos sectores que conllevará a la generación de nuevos puestos de trabajo." Valverde asegura que o PXOM parobarase incialmente "en un breve periodo de tiempo".