Dende este luns 19 ata o vindeiro xoves 29 de maio a Feira Mercado Laboral Virtual achega nun entorno 3D a posibilidade de presentar currículums ou acceder directamente a ofertas de traballo de máis de 40 empresas. Preto de medio centenar de compañías e varias institucións, entre as que se atopa o Instituto de la Juvetud (Injuve) , están detrás desta iniciativa que por primeira vez celébrase no Estado español.
Entre os postos virtuais se pode acceder a información e solicitudes de RRHH de multinacionais como Accenture, Banco Santander, Deloitte, Ernest & Young, Indra, McDonald, Mediaset, ou Teléfonica, entre outras. O evento está organizado pola Comunidad Laboral Trabajando.com - Universia e patrocinada polo Banco Santander. Ingresando no portal pódese recibir información, consellos e ofertas de emprego.
Procura activa de emprego
Dende o Injuve salientan que o evento supón “unha gran oportunidade para todas as persoas en procura activa de emprego, xa que para esta feira non é necesario desprazarse, senón unicamente dispoñer dunha conexión a internet”.
Esta Feira Virtual permitirá que os usuarios rexistrados nos máis de 150 portais asociados a esta Comunidade Laboral, accedan de forma gratuíta a calquera hora do día ás vacantes que ofrecen.
Como participar?
Para participar só hai que acceder, do 19 ao 28 de maio, á web feriamercadolaboral.trabajando.es