Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía 10 empregos en extinción: Se figura nesta lista, quizais sexa o momento de reformular o seu futuro laboral.

10 empregos en extinción: Se figura nesta lista, quizais sexa o momento de reformular o seu futuro laboral.

Correo-e Imprimir PDF
ordandor taza boli

Encargado de videoclub, operador de liñas de montaxe, axente de viaxes, caixeiro de supermercado , empregado de tendas de fotografía, carteiros, operadores telefónicos, taxistas, oficinistas e xestores de redes sociais, atópanse no "top 10" dos empregos en vías de extinción por mor das novas tecnoloxías. Se o seu traballo figura na lista, quizais sexa o momento de reformular o seu futuro laboral.
Así o asegura un informe de Ciphr, empresa que leva desde 1982 proporcionando soporte tecnolóxico a firmas mundialmente coñecidas como Volkswagen ou Asos. No mesmo, recompilou os empregos que se atopan hoxe en día a piques de caer no esquecemento.

De acordo ao estudo elaborado pola firma CIPHR, que fábrica soluciones informáticas no campo dos recursos humanos, un dos traballos máis castigados polos avances tecnolóxicos é o de empregado de videoclub, xa que a maioría dos usuarios habitualmente recorren a internet para ver películas ou series. Pon de exemplo con 9.000 locais de Blockbuster pecharon en EEUU de 2004 a 1014.
Outros empregos en desuso son o de traballador de liña de montaxe, debido a que moitas tarefas que antes se facían de forma natural agora realízanse con máquinas, e o de axente de viaxes, xa que os usuarios agora adoitan acudir a internet para reservar voos e hoteis.
A lista de CIPHR tamén menciona aos caixeiros de supermercado, un traballo que se está vendo afectando pola implantación dos caixeiros automáticos, e aos carteiros, que cada vez teñen menos traballo polo aumento dos emails.
Ademais, o estudo cita o posto de revelador de fotografías como outro obsoleto por culpa da tecnoloxía, xunto a outros que segundo os autores desaparecerán en longo prazo como o dos operadores de chamadas, que serán substituídos por servizos automáticos.
Para rematar, o estudo asegura que os oficinistas perderon relevancia xa que moitas das súas tarefas realízanse a través dos ordenadores, e vaticina que as empresas prescindirán no futuro dos xestores de redes sociais, xa que cada vez é maior o coñecemento dos traballadores nesa materia e consideran que non será necesario un posto especifico para iso.