Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Sete veciños da bisbarra en situación de desemprego irromperon con pancartas no Pleno de Nigrán.

Sete veciños da bisbarra en situación de desemprego irromperon con pancartas no Pleno de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
parados nigran

Sete veciños da comarca, en situación de desemprego, protestaron está mañá ante o Pleno do Concello de Nigrán solicitando unha solución para os case 5000 parados da bisbarra. Reprochan ao alcalde de Nigrán o compromiso electoral da creación de empregos para Nigrán no novo parque empresarial de Porto do Molle. O PSOE de Nigrán presentou unha moción de urxencia neste sentido na sesión , pero foi rexeitada a súa urxencia e non foi debatida no Pleno.

 

A situación de desemprego no Val Miñor afecta a 4881 persoas segundo os rexistros da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia ao 31 de decembro de 2012. No caso de Nigrán, son 1793 os veciños en tal situación, 1245 en Baiona e 1843 en Gondomar.

A moción presentada con carácter urxente polo PSOE de Nigrán, instaba ao alcalde Alberto Valverde "a que cumpra as súas promesas electorais e a que cumpra o que el mesmo solicitou no pleno ordinario de marzo de 2011 e que alcance un compromiso real coas empresas de Porto do Molle que garanta aos veciños de Nigrán un posto de traballo no parque empresarial de Porto do Molle".

O portavoz socialista, Juan González, sinalou que a moción non puido ser debatida no Pleno "ao votar o alcalde e o Partido Popular en contra da urxencia da mesma e alegando que non era un tema o suficientemente urxente e que podería esperar a outro pleno".