Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O paro non dá tregua: Nembargante Valverde mellora os números de Juanes, os socialistas esixen solucións.

O paro non dá tregua: Nembargante Valverde mellora os números de Juanes, os socialistas esixen solucións.

Correo-e Imprimir PDF
Porto do Molle aínda non dá solucións ao curto prazo.

O desemprego é o problema máis preocupante en España segundo todas as enquisas. Nigrán non é a excepción, 1481 veciños empadroados no concello están sen traballo. A sensibilidade no tema medrou nestes días cando a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, anunciou que no municipio 99 persoas sumábanse ao paro durante o mes de setembro. A información espertou críticas dende a oposición, que no caso do PSOE levou a cualificar a política de emprego do popular Alberto Valverde de “absoluto fracaso”, nun comunicado emitido este venres 7 de outubro. A situación afecta ao 12% da poboación activa do municipio. Nembargante isto, e do golpe das cifras no ánimo da veciñanza, os rexistros oficiais sinalan que dende que Valverde asumiu o seu mandato, hai 83 casos menos de desemprego ao 30 de setembro. Estes 83 casos en cifras absolutas, repersentan unha diminución do paro herdado do goberno de Efrén Juanes nun 14,19%.

A actual distribución de parados por sector no muncipio rexistra 31 casos no eido rural, 219 na industria, 216 na construción, 761 nos servizos e 254 persoas na busca da súa primeira praza de emprego. Na súa repercusión por xéneros, 714 (48,21%) son homes e 767 (51,79%) son mulleres.

A 117 días do inicio do mandato de Alberto Valverde,o portavoz socialista, Juan González acusou ao goberno popular de Nigrán de non ter plantexada ningunha iniciativa encamiñada a fomentar o empreo no concello, no que vai do 2011. No escrito esixe ao rexedor Alberto Valverde que “presione e presente proxectos de formación e emprego ás administracións competentes, Xunta ou Deputación e que abandone a política populista e de cara a galería”.

“Si durante catro anos Alberto Valverde acusou día tras día ao goberno de Efrén Juanes de ser o máximo e único culpable do aumento do paro en Nigrán, esquecéndose da administración que máis competencias ten en este ámbito como é a Xunta de Galicia, agora o goberno do PP consigue xa non soo as maiores taxas de desemprego con 1481 persoas sen ocupación senón que son 99 persoas (máis do dobre que en Gondomar e un 15% máis que en Baiona) as que de agosto a setembro perderon o seu emprego aumentando este nun 7,16%” sinalou o concelleiro.

Aínda que o comunicado socialista non toma en conta a baixa nos casos de desemprego en relación co final do seu mandato, a seguido enuncia que o “máis descorazonador é ver como a promesa e o compromiso electoral de Alberto Valverde de que coa implantación de empresas en Porto do Molle ía ser un goteo incesante de xente de Nigrán traballando no Polígono e de xeito inmediato”.

Por último pregúntase “onde están as promesas e os compromisos electorais de Alberto Valverde co emprego e con Porto do Molle? Simplemente no existen e na repartición de áreas de goberno xa o deixou ben claro, a Concelleira Delegada de Emprego non ten ningunha dedicación, está apartada do grupo de poder do concello e estanlle cortando totalmente as vías de financiación.”