A plataforma de afectados polas participaciones preferentes y subordinadas do Val Miñor estivo presente na protesta.
A información foi recollida hoxe polos compañeiros de Praza Pública.
Até a mesma porta da casa de Núñez Feijoo. A protesta dos milleiros de afectados polas preferentes, despois de meses de mobilizacións, chegou este sábado até Montepío, sede da residencia oficial do presidente da Xunta, ao que acusan de ser "cómplice" da estafa. As plataformas de afectados de afectados da Coruña, do Baixo Miño, do Morrazo, de Bergantiños, de Ferrolterra, da Costa da Morte, de Monforte..., de toda Galicia, desprazáronse nesta ocasión até Compostela no comezo dun mes que pode ser crucial para o desenlace deste conflito.