A Federeación de Anpas do Val Miñor e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, (integrada por asociacións de nais e pais, organizacións estudantís, sindicais e de renovación pedagóxica) convocan a toda a comunidade educativa do Val Miñor, pais e nais, alumnado e profesorado, a unha charla explicativa sobre a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), co obxecto de dar a coñecer o seu contido. Esta charla, que estará seguida dun coloquio terá lugar o vindeiro venres día 15 de marzo, ás 20 horas no IES Terra de Turonio de Gondomar.
Julio Fernández Gayoso devolve a Medalla de Ouro outorgada pola cidade de Vigo.
O ex presidente de Novacaixa Galicia, Julio Fernández Gayoso, devolveu esta mañá a Medalla de Ouro outorgada polo concello de Vigo, tras decidir a corporación municipal retirarlla a raíz do escándalo das preferentes e as indemnizacións da caixa que o ten como imputado pola Fiscalía Anticorrupción xunto a outros ex altos cargos da entidade.
As Plataformas de Afectados por Preferentes acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade"
O pasado sábado Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, cargou contra os grupos de afectados polas preferentes que "están actuando como un verdadero comando radical para atacar o PP", acusounos de "manipular ós afectados e usar politicamente este conflito", e defendeu o "apoio incondicional" do PP as vítimas do que cualificou de "estafa masiva". As Plataformas de Afectados por Preferentes responderon a estas declaracións este domingo pola noite nun comunicado no que acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade".
TERRA INCÓGNITA. UNHA VISIÓN SUBXECTIVA.
Cando, o 15 de febreiro, me tocou presentar a moi particular mirada que o fotógrafo ENRIQUE TOURIÑO MARCÉN ten, e mostra, do territorio que rodea a súa residencia gondomareña, fíxeno amparándome na miña visión subxectiva da súa obra; fíxeno nos seguintes termos:
O PSOE de Nigrán organiza os seus actos do día internacional da muller
O PSOE de Nigrán, a través de portavocía de igualdade, organizan varios actos abertos para conmemorar o día internacional da muller.
Os actos comezaron onte cunha charla con Rosa Gómez Límia, presidenta da asociación "Teense pola igualdade"
Para este venres 8 marzo ás 19h no local Factoría Vintage en Ramallosa (antigo Bar Clandestino), Dania Alftonso, poeta e cantautor
Faladoiro do escritor César Cunqueiro no Instituto de Estudos Miñoranos.
César Cunqueiro levará adiante un faladoiro no Instituto de Estudos Miñoranos onde afondará no complexo mundo interior do seu pai, o senlleiro escritor Álvaro Cunqueiro. Baixo o título "Álvaro Cunqueiro e a metafísica do Instante", Cunqueiro (fillo), compartirá o coloquio a partir das 20:30 horas deste venres 8 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM. O acto será presentado por Ani González Pérez (Casa dos Anxos, Chaín).
Abertas as inscricións para participar no “Cocido de Cunqueiro” organizado polo IEM no Pazo da Escola de Mañufe.
-Ata as 12 horas deste xoves 7 de marzo estará aberta a inscrición para participar do xantar "O Cocido de Cunqueiro", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos. O evento gastronómico terá lugar o vindeiro sábado 9 de marzo no Pazo da Escola de Mañufe.
Gondomar conmemorará o Día da Muller cunha actividade deportiva e a presentación do seu III Plan Municipal para a Igualdade.
A primeira actividade dará comezo ás 12:15 horas cunha carreira "a prol da igualdade" na que participarán 113 estudantes dos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio. A carreira sairá do Pavillón Municipal de Gondomar e rematará no Auditorio Lois Tobío.
Nigrán conmemora o Día Internacional da Muller cun ciclo de cine temático.
A concellaría de Patrimonio, Xuventud e Igualdade, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), proxectará o vindeiro venres 8 de marzo a película "Auga", con motivo do Día Internacional da Muller. O acto celebrarase ás 19.00 horas no Salón de Actos do Concello de Nigrán.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL