Unha ducia de colectivos do Val Miñor serán beneficiarios dunha partida de axuda por un total de 9.667 euros outorgada pola Deputación de Pontevedra. A medida beneficiará en Baiona ás corales San Lorenzo de Belesar, Baiona A Real e ao Coro de Homes Voces Baionesas. No mesmo municipio, tamén serán obxecto desta partida Hermandade da Santa Casa da Misericordia, a agrupación tradicional Ariños da Lagoa e o Centro Cultural A Cela de Baredo.
Gondomar festexa o día de Reis co tradicional desfile de rondallas.
O XXXI Certame de Rondallas de Gondomar reunirá mañá na vila condal ás dez mellores agrupacións do sur da provincia de Pontevedra. O acto, organizado pola Concellaría de Cultura, comezará ás dez da mañá co desfile e encontros de bandeiras no cruzamento das rúas Eduardo Igrexas e Urzáiz, nos que participan as rondallas de Atios, Louredo, Pontellas, Vincios, Chaín, Valladares, Bembrive, Parada, Mos e Beade. Os percorridos terminarán en torno ás 13.30 horas.
A parroquia de Chandebrito inaugura unha mostra de debuxos de Castelao con motivo do 63 cabodano do ilustre galeguista.
-O vindeiro 7 de xaneiro a Asociación Chandebrito 1807 renderá unha homenaxe ao insigne escritor e debuxante galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co inauguración dunha exposición dos seus debuxos.
"Baiona de Pintxos" repartiu premios logo de vender 40 mil petiscos entre diversos locais do municipio.
Ramona Vaz, veciña de Baiona foi a gañadora do primeiro premio da Ruta Gastornómica Baiona de Pintxos, organizada por ACEBA e o Concello de Baiona. A gañadora recibiu un vale de 1.000 euros a presentar nalgunha das axencias de viaxes do municipio para poder realizar a correspondente viaxe.
Exposición fotográfica de Santi Bas: Garranos. Os cabalos salvaxes de Galicia, no Hotel Cidade de Vigo.
-A mostra estará aberta ata o vindeiro 25 de xaneiro.
A cabalgata de Reis percorrerá todas as parroquias de Nigrán.
O vindeiro sábado 5 de Xaneiro terá lugar a tradicional cabalgata dos Reis Magos en Nigrán.
Paradores rebaixa o soldo dos traballadores e aplica unha morea de recortes cun ERE asinado en Madrid.
-Rebaixas salariais, ameazas de despedimentos e máis EREs no Parador de Baiona e no resto do país para o 2013.
- Todas estas medidas comezarán a rexer a partir desta xornada logo da sinatura dun acordo este mércores 3 de xaneiro en Madrid entre dirección e traballadores, que evitou que se impuxera un expediente orixinal con maiores afectacións.
Os Reis Magos chegan a Gondomar este sábado para recoller as cartas dos cativos do concello.
-O Centro Cultural de Vincios colabora conxuntamente coa Concellaría de Cultura na organización do desfile
- Amenizarán a cabalgata as rondallas de Vincios e Chaín, a Banda de Tambores e Cornetas do CC de Vincios e o Grupo de Danza de Gondomar.
Paradores de Turismo decide o seu futuro no inicio do 2013.
-O próximo mércores 2 de xaneiro terá lugar en Madrid a derradeira mesa de negociación entre dirección e o Comité intercentros de Paradores.
-Menos prebendas para os directivos, ningún despedimento e un ERE temporal será a base da proposta final dos traballadores.
-Mentres os traballadores cumpren o seu segundo día de folga, a dirección de Paradores mantén a fórmula dun ERE con 350 despedimentos para "asegurar la supervivencia de la compañía".
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL